Royal Australian Navy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Royal Australian Navy.

A Royal Australian Navy (RAN) é o corpo naval da Forza de Defensa Australiana. Tras a Federación de Australia en 1901, os barcos e recursos das armadas coloniais independentes integráronse nunha forza nacional: a Commonwealth Naval Forces. Orixinalmente prevista para a defensa local, á armada concedeuselle o título de "Royal Australian Navy" en 1911, e converteuse na responsable da defensa da rexión.

A Royal Navy británica continuou apoiando á RAN e proporcionándolle capacidade de defensa adicional no Pacífico ata os primeiros anos da Segunda Guerra Mundial. Entón, a rápida expansión nos tempos de guerra viu a adquisición de grandes buques de superficie e a construción de moitos barcos de guerra máis pequenos. Na seguinte década a RAN mercou un pequeno número de portaavións, o último deles pagado completamente en 1982.

Hoxe en día, a RAN está formada por 51 buques comisionados e uns 16.000 homes. É unha das máis grandes e sofisticadas armadas da rexión do Pacífico, cunha presenza significativa no océano Índico e en operacións por todo o mundo apoiando campañas militares e misións de paz. O actual Xefe da Mariña é o vicealmirante Ray Griggs.