Terra de Arnhem
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Terra de Arnhem (en inglés, Arnhem Land) é unha rexión australiana duns 97.000 km² e unha poboación de 16.230 habitantes. Atópase no bordo nororiental do Top End no Territorio do Norte, a uns 500 km de Darwin, a capital do territorio. Foi bautizada polo navegante Matthew Flinders na honra do barco neerlandés Arnhem que explorou a súa costa no ano 1623.
Foi declarada Reserva Aborixe en 1931, xa que é o fogar dos yolngu, un dos maiores grupos indíxenas de Australia (poboación 16.230).[1]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Australian Bureau of Statistics (2 de outubro de 2008). "Australian Demographic Statistics" (PDF). http://www.ausstats.abs.gov.au/ausstats/subscriber.nsf/0/6C2E0D5EB9791D50CA2574D50014B9A0/$File/13627_2008.pdf.