Modelo OSI
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
OSI (Open Systems Interconnection), ou Interconexión de Sistemas Abertos, é un conxunto de estándares ISO relativo á comunicación de datos. Un sistema aberto é un sistema que non depende dunha arquitectura específica propietaria.
Este standard tamén é coñecido por "Capas OSI".
Índice |
Propósito [editar]
Para facilitar o proceso de estandarización e obter interconectividade entre máquinas de diferentes fabricantes, a Organización Internacional de Estandarización (ISO — International Organization for Standardization) aprobou, no inicio dos anos 80, un modelo de referencia para permitir a comunicación entre máquinas heteroxéneas, denominado OSI (Open Systems Interconnection). Ese modelo serve de base para calquera tipo de rede, sexa de curta, media ou longa distancia.
Descrición das capas [editar]
Capa física [editar]
Esta capa está directamente ligada ao equipo físico ó cable ou outro canle de comunicación (ver modulación), é a que comunica directamente co controlador do interface de rede. Ocúpase, polo tanto, de permitir unha comunicación bastante simple e fiable, na maioría dos casos con control de erros básico:
- Move bits a través dun medio físico.
- Define as características eléctricas e mecánicas do medio, taxa de transferencia dos bits, voltaxe, etc...
- Control de aceso ao medio.
- Control lóxico de enlace.
- Confirmación e retransmisión de tramas.
- Control da cantidade e velocidade de transmisión das informacións pola rede.
Capa de ligazón de datos [editar]
Esta capa tamén se designa por Capa de enlace.
- Establece un protocolo de comunicación entre sistemas conectados directamente. O enderezo é físico, embutido na interface de rede.
- Exemplo de protocolos de enlace WAN: PPP, X.25.
- Exemplo de protocolos de enlace LAN: Ethernet, Token ring.
- Funciona en ambientes TCP/IP
Capa de rede [editar]
A capa de Rede é responsábel do enderezo dos paquetes, convertendo enderezos lóxicos en enderezos físicos, de forma que os paquetes consigan chegar correctamente ao destino. Esta capa tamén determina a ruta que os paquetes seguirán para acadar o destino, baseada en factores como condicións do tráfico da rede e prioridades. Esa capa é usada cando a rede posúe máis dun segmento e, con iso, hai máis dun camiño para un paquete de datos para o tráfico da orixe ao destino. Enrutamento, encamiñamento, enderezo, interconexión de redes, tratamento de erros, control de conxestións e secuenciamento (orde en secuencia) dos paquetes son funcións desta capa.
- Move paquetes a partir da súa fonte orixinal ata o seu destino a través dun ou máis enlaces.
- Define como dispositivos de rede descobren uns aos outros e como os paquetes son enrutados ata o seu destino final.
Capa de transporte [editar]
A capa de Transporte é responsable de pegar os dados enviados pola capa de Sesión e dividilos en paquetes que serán transmitidos pola rede, é dicir, repasados pola capa de Rede. No receptor, a capa de Transporte é responsable por pegar os paquetes recibidos da capa de Rede e remontar o dado orixinal para envialo á capa de Sesión.
Iso inclúe control de fluxo (colocar os paquetes recibidos en orde, en caso de que chegaran fora de orde) e corrección de erros, tipicamente enviando para o transmisor unha confirmación de recibo (acknowledge), informando que o paquete foi recibido con éxito.
A capa de Transporte separa as capas de nivel de aplicación (capas 5 a 7) das capas inferiores (capas de 1 a 3). As capas de 1 a 3 están preocupadas coa maneira con que os datos serán transmitidos pola rede. Xa as capas de 5 a 7 están preocupados cos datos contidos nos paquetes de datos, para seren enviados ou recibidos pola aplicación responsable dos datos. A capa 4, Transporte, fai a ligazón entre eses dous grupos.
- Determina a clase de servizo necesaria como: Orientada a conexión e con control de erro e servizo de confirmación, sen conexións e sen confiabilidade.
Capa de sesión [editar]
A capa de Sesión permite que dúas aplicacións en computadores diferentes estabelezan unha sesión de comunicación. Nesta sesión, esas aplicacións definen como será feita a transmisión de datos e coloca marcacións nos datos que están sendo transmitidos. Se por ventura fallase a rede, os computadores reiniciarían a transmisión dos dados a partir da última marcación recibida polo computador receptor.
- Pon a disposición servizos como puntos de control periódicos a partir dos cais a comunicación pode ser restablecida en caso de avaría na rede.
O obxectivo final da capa de transporte é proporcionar servizo eficiente, confiable e de baixo custe os seus usuarios, normalmente entidades da capa de sesión. O hardware ou software dentro da capa de transporte fai que o servizo sexa denominado entidade de transporte.
A entidade de transporte comunicase cos seus usuarios a través de primitivas de servizo trocadas nun ou máis TSAP, que son definidas de acordo co tipo de servizo prestado: orientado ou non á conexión. Estas primitivas son transportadas polas TPDU.
A figura de abaixo exemplifica unha entidade de transporte asociada a un TSAP e a un NSAP. En realidade, unha entidade de transporte podería estar simultaneamente asociada a varios TSAP e NSAP. No caso de multiplexación, asociada a varios TSAP e a un NSAP; e no caso de splitting, asociada a un TSAP e a varios NSAP.
Continuando, a ISO define o protocolo de transporte para operar en dous (2) modos:
2.1. Orientado á conexión e 2.2. Non orientado á conexión. É obvio que o protocolo de transporte non orientado á conexión é menos fiábel. El non garante - entre outras cousas máis, a entrega das TPDU, nin tampouco a ordenación das mesmas. Mentres, onde o servizo da capa de rede e das outras capas inferiores é bastante fiable - como en redes locais, o protocolo de transporte non orientado á conexión pode ser utilizado, sen overhead inherente a unha operación orientada á conexión. Facendo un estudo, observase que o servizo de transporte baseado en conexións é semellante ao servizo de rede baseado en conexións. O enderezo e control de fluxo tamén son semellantes en ambas capas. Para completar, o servizo de transporte sen conexións tamén é moi semellante ao servizo de rede sen conexións.
A partir dos feitos previos, aparece a seguinte pregunta: "Por que termos dúas capas e non unha soa?". A resposta é sutil, mais procede: A capa de rede é parte da sub-rede de comunicacións e é executada é prové o servizo (polo menos nas WAN). Cando a capa de rede non prové un servizo fiable, a capa de transporte asume as responsabilidades; mellorando a calidade do servizo.
Capa de presentación [editar]
Esta capa prové independencia das representacións de datos (por exemplo a criptografía) ao traducir os datos do formato da aplicación ao formato da rede e viceversa. A capa de presentación traballa transformando os datos nun formato que a capa de aplicación poida aceptar. Esta capa formatea e encripta os datos para seren transmitidos a través da rede, evitando problemas de compatibilidade. Ás veces é chamada de capa de Tradución
- Define como enteiros, mensaxes de texto e outros datos que se codifican e tramiten pola rede.
- Permite que computadores con arquitectura de hardware e SOs diferentes troquen información.
Capa de aplicación [editar]
A capa de aplicación fai o interface entre o protocolo de comunicación e o de aplicación que pediu, ou recibirá a información a través da rede. Por exemplo, ao solicitar a recepción de e-mails a través do aplicación de e-mail, este entrará en contacto coa capa de Aplicación do protocolo de rede efectuando tal solicitude. Todo nesta capa está orientado ás aplicacións. Telnet e FTP son exemplos de aplicacións de rede que existen enteiramente na capa de aplicación.
Táboa de exemplos [editar]
| Capa | Exemplos | suite TCP/IP | S7 | suite AppleTalk | suite OSI | suite IPX | SNA | UMTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7 - Aplicación | HL7, Modbus | HTTP, SMTP, SNMP, FTP, Telnet, NFS, NTP | ISUP, INAP, MAP, TUP, TCAP | AFP, PAP | FTAM, X.400, X.500, DAP | APPC | ||
| 6 - Presentación | TDI, ACII, EBCDIC, MIDI, MPEG | XDR, SL, TLS | AFP, PAP | |||||
| 5 - Sesión | Named Pipes, NetBIOS, SIP, SAP, SDP | Establecimento da sesión TCP | ASP, ADSP, CIP | NWLink | DLC? | |||
| 4 - Transporte | NetBEUI | TCP, UDP, RTP, SCTP | ATP, NBP, AEP, RTMP | TP0, TP1, TP2, TP3, TP4 | SPX, RIP | |||
| 3 - Rede | NetBEUI, Q.931 | IP, ICMP, IPsec, ARP, RIP, OSPF, BGP | MTP-3, SCCP | DDP | X.25 (PLP), CLNP | IPX | RRC (Radio Resource Control) | |
| 2 - Ligazón de Datos | Ethernet, Token Ring, FDDI, PPP, HDLC, Q.921, Frame Relay, ATM, Fibre Channel | MTP-2 | LocalTalk, TokenTalk, EtherTalk, Apple Remote Access, PPP | X.25 (LAPB), Token Bus | 802.3 framing, Ethernet II framing | SDLC | MAC (Media Access Control) | |
| 1 - Físico | RS-232, V.35, V.34, Q.911, T1, E1, 10BASE-T,100BASE-TX , ISDN, SONET, DSL | MTP-1 | Localtalk on shielded, Localtalk on unshielded (PhoneNet) | X.25 (X.21bis, EIA/TIA-232, EIA/TIA-449, EIA-530, G.703) | Twinax | PHY (Physical Layer) |