Domain Name System
| Capa de Aplicación | HTTP, HTTPS, SMTP, FTP, SSH, SNMP, IRC,NNTP, POP3, IMAP, Telnet, BitTorrent, IRC,... |
| Capa de Transporte | TCP, UDP, SCTP, RTP, DCCP,... |
| Capa de Rede | Protocolo IPv4, Protocolo IPv6, ARP, ICMP,... |
| Capa de Ligazón | Ethernet, 802.11 WiFi, Token ring, FDDI, PPP,... |
| Capa Física | RS-232, EIA-422, RS-449, EIA-485,... |
| editar | |
O Domain Name System (DNS, "Sistema de Nomes de Dominios") é unha base de datos distribuída e xerárquica que almacena información asociada a nome de dominio en redes como Internet. Aínda que como base de datos o DNS é capaz de asociar distintos tipos de información a cada nome, os usos máis comúns son a asignación de nomes de dominio a enderezos IP e a localización dos servidores de correo electrónico de cada dominio.
A asignación de nomes a enderezos IP é verdadeiramente a función máis coñecida dos protocolos DNS. Por exemplo, se o enderezo IP do sitio FTP de prox.ve é 200.64.128.4, a maioría da xente chega a este equipo especificando ftp.prox.ve e non o enderezo IP. Ademais de ser máis fácil de recordar, o nome e máis fiable. O enderezo numérico podería cambiar por moitas razóns, sen que teña que cambiar o nome.
O crecemento explosivo da rede causou que o sistema de nomes centralizado no arquivo HOSTS non resultara práctico e en 1983, Paul Mockapetris publicou os RFCs 882 e 883 definindo o que hoxe en día evolucionou ó DNS moderno. (Estes RFCs quedaron obsoletos pola publicación en 1987 dos RFCs 1034 e 1035).
Índice |
Cómo traballa DNS [editar]
Compoñentes [editar]
Para a operación práctica do sistema DNS utilízanse tres compoñentes principais:
- Os Clientes DNS (resolvers), un programa cliente DNS que se executa na computadora do usuario e que xera peticións DNS de resolución de nomes a un servidor DNS (Por exemplo: ¿Que enderezo IP corresponde a nome.dominio?);
- Os Servidores DNS (name servers), que contestan as peticións dos clientes, os servidores recursivos teñen a capacidade de reenviar a petición a outro servidor se non dispoñen do enderezo solicitado.
- E as Zonas de autoridade, porcións do espazo de nomes de dominio que almacenan os datos. Cada zona de autoridade abarca un dominio e posiblemente os seus subdominios, se estes últimos non son delegados a outras zonas de autoridade.
Entendendo as partes dun nome de dominio [editar]
Un nome de dominio normalmente consiste en dúas ou máis partes (tecnicamente etiquetas), separadas por puntos cando se escriben en forma de texto. Por exemplo, www.mahomedalid.org ou es.Wikipedia.org
- Á etiqueta localizada máis á dereita chamaselle dominio de nivel superior (inglés < Top Level Domain). Como org en www.mahomedalid.org ou es.Wikipedia.org
- Cada etiqueta á esquerda especifica una subdivisión ou subdominio. Nótese que "subdominio" expresa dependencia relativa, non dependencia absoluta. En teoría, esta subdivisión pode ter ata 127 niveis, e cada etiqueta conter ata 63 caracteres, pero restrinxido a que a lonxitude total do nome do dominio non supere os 255 caracteres, aínda que na práctica os dominios son case sempre moito máis curtos.
- Finalmente, a parte máis á esquerda do dominio normalmente expresa o nome da máquina (en inglés hostname). O resto do nome de dominio simplemente especifica a maneira de crear una ruta lóxica á información requirida. Por exemplo, o dominio es.Wikipedia.org tería o nome da máquina "es", aínda que neste caso non se refire a unha máquina física en particular.
O DNS consiste nun conxunto xerárquico de servidores DNS. Cada dominio ou subdominio ten unha ou máis zonas de autoridade que publican a información acerca do dominio e os nomes de servizos de calquera dominio incluído. A xerarquía das zonas de autoridade coincide coa xerarquía dos dominios.Ao comezo desa xerarquía atópanse os servidores raíz: os servidores que responden cando se busca resolver un dominio de primeiro e segundo nivel.
Tipos de servidores DNS [editar]
- BIND
- PowerDNS
- MaraDNS
- djbdns
- pdnsd
- MyDNS
Tipos de resolución de nomes de dominio [editar]
Existen dous tipos de consultas que un cliente (resolver) pode facer a un servidor DNS:
- iterativa
- recursiva
Nas consultas recursivas o servidor repite o mesmo proceso básico (consultar a un servidor remoto e seguir calquera referencia) ata que obtén a resposta á pregunta.
As consultas iterativas, ou resolución iterativa, consisten na mellor resposta que o servidor de nomes poida dar. O servidor de nomes consulta os seus datos locais (incluíndo a súa caché) buscando os datos solicitados.
Cando existe máis dun servidor autoritario para unha zona, BIND utiliza o menor valor na métrica RTT (round-trip time, "tempo de ida e volta") para seleccionar o servidor. O RTT é unha medida para determinar canto tarda un servidor en responder unha consulta.
O proceso de resolución normal dase da seguinte maneira:
- O servidor A recibe unha consulta recursiva dende o resolver.
- O servidor A envía unha consulta iterativa a B.
- O servidor B refire a A outro servidor de nomes, incluíndo a C.
- O servidor A envía unha consulta iterativa a C.
- O servidor C refire a A outro servidor de nomes, incluíndo a D.
- O servidor A envía una consulta iterativa a D.
- O servidor D responde.
- O servidor A devolve a resposta ó resolver.
- O resolver entrega a resposta ó programa que solicitou a información.
Tipos de rexistros DNS [editar]
- A = Address – (Enderezo) Este rexistro usase para traducir nomes de hosts a enderezos IP.
- CNAME = Canonical Name – (Nome Canónico) Usase para crear nomes de hosts adicionais, ou alias, para os hosts dun dominio.
- NS = Name Server – (Servidor de Nomes) Define a asociación que existe entre un nome de dominio e os servidores de nomes que almacenan a información de dito dominio. Cada dominio pódese asociar a unha cantidade calquera de servidores de nomes.
- MX = Mail Exchange – (Intercambiador de Correo) Define o lugar onde se aloxa o correo que recibe o dominio.
- PTR = Pointer – (Indicador) Tamén coñecido como 'rexistro inverso', funciona á inversa do rexistro A, traducindo IPs en nomes de dominio.