.org

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.org
Ano de creación 1985
Tipo Dominio de nivel superior xenérico
Estado activo
Rexistrador ?
Patrocinador ?
Finalidade Webs de Oeganizacións
País Planeta Terra
Web ?


.org é un dominio de Internet xenérico que forma parte do sistema de dominios de Internet. O domino .org foi creado en xaneiro de 1985 e é manexado desde 2003 por Public Interest Registry.

O seu obxectivo é o de servir a organizacións que non se clasifican adecuadamente nos outros dominios. Na actualidade non existen requisitos particulares para rexistrar un dominio .org. Os dominios .name son onde xeralmente se rexistran os individuos.

Moitos países teñen dominios de segundo nivel co mesmo propósito. Os seus nomes xeralmente rematan en .org.xx ou .or.xx onde xx é o nome do dominio dun país.

Os proxectos de software libre adoitan rexistrar os seus servidores en dominios .org, por exemplo, OpenOffice.org ou Wikipedia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • RFC 920 Documento que define o dominio .org así como outros dominios xenéricos


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: .org