In the Name of the Father
| No nome do pai | |
|---|---|
| Título orixinal | In the Name of the Father |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Jim Sheridan |
| Produtor | Jim Sheridan Gabriel Byrne Terry George Arthur Lappin |
| Guión | Terry George Jim Sheridan |
| Baseado en | Proved Innocent de Gerry Conlon |
| Intérpretes | Daniel Day-Lewis Pete Postlethwaite Emma Thompson |
| Música | Trevor Jones |
| Fotografía | Peter Biziou |
| Montaxe | Gerry Hambling |
| Estudio | Hell's Kitchen Films |
| Distribuidor | Universal Pictures |
| Ano | 1993 |
| Duración | 133 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $13,000,000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
In the Name of the Father (en galego, No nome do pai) é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme está baseado na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.
Índice |
Argumento [editar]
No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que no fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos errores legais da historia recente do Reino Unido.
Personaxes [editar]
- Daniel Day-Lewis como Gerry Conlon
- Pete Postlethwaite como Giuseppe Conlon
- John Lynch como Paul Hill
- Mark Sheppard como Paddy Armstrong
- Beatie Edney como Carole Richardson
- Emma Thompson como Gareth Peirce
- Don Baker como Joe McAndrew
- Corin Redgrave como Inspector Robert Dixon
- Gerard McSorley como Detective Pavis
- Frank Harper como Ronnie Smalls
- Jamie Harris como Deptford Jim
- Tom Wilkinson como Grant Richardson
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor de reparto (Pete Postlethwaite), mellor actriz de reparto (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado.
- 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria.
- 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado.
- 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos.
- 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)