Cincenta (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Cincenta, Cinsenta ou Cinderella refírese a:

Literatura[editar | editar a fonte]

Filmes máis destacados[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Ciencia[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

A historia da "Cincenta" foi orixe de moitas obras notábeis:

Ópera[editar | editar a fonte]

  • Cendrillon (1749) de Jean-Louis Laruette
  • Cendrillon (1810) de Nicolas Isouard
  • Agatina o La virtù premiata (1814) de Stefano Pavesi
  • La Cenerentola (1817) de Gioachino Rossini
  • Aschenbrödel (1878) de Ferdinand Langer
  • Cendrillon (1894-5) de Jules Massenet
  • Cinderella (1901-2) de Gustav Holst
  • La Cenerentola (1902) de Ermanno Wolf-Ferrari
  • Cendrillon (1904) de Pauline García-Viardot
  • Aschenbrödel (1905) de Leo Blech
  • La Cenicienta (1966) de Jorge Peña Hen
  • Cinderella, unha ópera de mímica (1979) de Peter Maxwell Davies
  • Cendrillon, opera para nenos (1994) de Vladimir Kojoukharov

Ballet[editar | editar a fonte]

  • Cinderella (1893) de Baron Boris Vietinghoff-Scheel
  • Aschenbrödel (1901) de Johann Strauss II, adaptada e completada por Josef Bayer
  • Das Märchen vom Aschenbrödel (1941) de Frank Martin
  • Soluschka (1945) de Sergei Prokofiev
  • Cinderella (1980) de Paul Reade
  • Cinderella (2010) de David Bintley
  • Cinderella - A Tragic Tale (2011) de Terence Kohler para o Finnish National Ballet.
  • Cinderella (2012) - Adaptación do Covenant Ballet Theatre of Brooklyn

Show no Xeo[editar | editar a fonte]

  • Cinderella (2008) de Tim A. Duncan e Edward Barnwell

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Assepoester (1981) de Jan Kal

Teatro[editar | editar a fonte]

Pantomima[editar | editar a fonte]

Cinderella estreouse coma pantomima no palco Drury Lane Theatre, en Londres en 1904 e no Adelphi Theatre en Londres en 1905. Phyllis Dare, con 14 ou 15 anos, protagonizou o último. Na versión orixinal da pantomima a escena de abertura é nun bosque cunha cazaría e é aí onde Cincenta atopa o príncipe por vez primeira e a súa man dereita Dandini, cuxo nome e personaxe vén da ópera La Cenerentola. Cincenta confunde Dandini co Príncipe e o príncipe con Dandini. Unha versión estreouse nos EUA no El Portal Theatre en 2010

Teatro Musical[editar | editar a fonte]

A versión de Rodgers e Hammerstein tamén foi algunha vez representada en vivo. Unha versión moi exitosa tivo lugar en 1958 no Coliseu de Londres cun elenco que inclúe a Tommy Steele, Yana, Jimmy Edwards, Kenneth Williams e Betty Marsden. Bobby Howell foi o director musical. A versión de 2005 que caracterizou Paolo Montalbán tivo un elenco etnicamente diverso, como a versión de TV de 1997.

  • Mr. Cinders, un musical que se estreou no Adelphi Theatre, en Londres en 1929. Filmado en 1934.
  • Into the Woods de Stephen Sondheim (1988), onde Cindcenta é unha de varias personaxes de contos de fadas que participan do enredo. Está parcialmente baseada na versión dos Irmáns Grimm de "Cinderela" incluíndo os paxaros encantados, túmulo da nai, e mutilación e cegando as irmás.
  • The Return of The Glass Slipper de Mary Donelly.
  • Cinderella de Kate Hawley, escrita nun estilo británico.
  • Cindy, un musical de 1964 de Johnny Brandon.
  • Золушka (ou Zolushka), un musical pop Russo feito para TV en 2002.
  • Cinderella (2007), unha pantomima escrito por Stephen Fry.
  • Cinderella the Musical (2008), coa participación do grupo Morning Musume e Takarazuka Revue
  • Cinderella Sillyious Musical (2008/09), un musical de comedia producido por Ross Petty.
  • If the shoe fits (2011)
  • Cinderella the Musical


Filmes e Televisión[editar | editar a fonte]

Ao longo das décadas, centenares de filmes foron feitos ou adaptados directamente da Cincenta. Case todos os anos, polo menos, hai un novo, sendo a Cincenta unha das obras literarias cun maior número de adaptacións ao cinema.

  • Cinderella (1899), a primeira versión de filme, producida en francés por Georges Méliès.
  • Cinderella (1911), un filme mudo protagonizado por Florence La Badie.
  • Cinderella (1914), um filme mudo protagonizado por Mary Pickford.
  • Aschenputtel (1922) pequena animación de Lotte Reiniger.
  • Cinderella, filme de animación producido pola Disney.
  • A Kick for Cinderella (1925), unha animación da Bud Fisher animation coa participación de Mutt e Jeff.
  • Cinderella (1925), unha animación de Walter Lantz.
  • Poor Cinderella (1934), unha curtametraxe animada de Fleischer Studios protagonizada por Betty Boop.
  • Cinderella Meets Fella, (1938), unha curtametraxe de animación de Merrie Melodies coa participación de Egghead, o personaxe que eventualmente viraría Elmer Fudd, como Príncipe Encantado.
  • First Love (1939), musical moderno con Deanna Durbin e Robert Stack.
  • Cinderella (Зо́лушка) (1947), un filme musical da Unión Soviética pola Lenfilm studios, protagonizado por Erast Garin e Faina Ranevskaya.
  • Cinderella, (1950) o famoso filme de animación da The Walt Disney Company estreado o 15 de Febreiro de 1950, considerado un dos clásicos da Disney. É talvez a máis famosa e influente adaptación cinematográfica do conto da Cincenta. Non está dobrada ao galego.
  • Aschenputtel (1955), do cinema alemán, dobrada ao inglés e lanzada nos EUA en 1966 como Cinderella.
  • The Glass Slipper (1955), filme con Leslie Caron e Michael Wilding.
  • Cinderfella (1960), notábel pois o personaxe principal é un home, interpretado porJerry Lewis.
  • Cinderella (1965), musical de Rodgers e Hammerstein, protagonizado por Ginger Rogers, Walter Pidgeon, Lesley Ann Warren, e Stuart Damon. Escrito por Joseph Schrank.
  • A historia tamén inspirou un episódio de Os Picapedra co nome de Cinderellastone, que foi orixinalmente lanzado o 22 de outubro de 1964. No episodio, Pedro Picapedra, incomodado porque non foi convidado á festa do Sr. Slate, soña que el é Cincenta e vai á festa. No día seguinte gaña unha gran promoción e descubre porque non fora convidado.
  • Popelka (Cinderela, 1969), un filme musical.
  • Sinderella Kül Kedisi (1971) un filme turco.
  • The Slipper and the Rose, 1976, un filme británico musical da Sherman Brothers protagonizado por Gemma Craven e Richard Chamberlain.
  • Cinderella, 1977, filme erótico musical de comedia dirixido por Michael Pataki.
  • Hey, Cinderella! (1970), un filme de 1 hora producido pola Jim Henson Company.
  • O Cinderelo Trapalhão (1979), parodia da Cinderela, protagonizado por Renato Aragão e Os Trapalhões.
  • If the Shoe Fits (1990), filme moderno de Franza portagonizado por Rob Lowe e Jennifer Grey.
  • Cinderella (1994), producido pola Jetlag Productions.
  • Cinderella Monogatari (1996) anime xaponés de Cincenta. Ten 26 episodios.
  • Cinderella (1997), musical de Rodgers e Hammerstein protagonizado por Brandy Norwood como Cincenta, Whitney Houston como a fada madriña, Bernadette Peters como a Madrasta, Jason Alexander como Lionel e Whoopi Goldberg como a Raíña. Remake de 1957 e 1965 filmes para TV.
  • Ever After (1998), protagonizado por Drew Barrymore.
  • Cinderella (2000), un filme británico para televisión protagonizado por Kathleen Turner.
  • Confessions of an Ugly Stepsister (2002), un ollar da clásica historia da "Cincenta" denda a perspectiva dunha das súas medias irmás laidas adaptado dun libro co mesmo nome[1]
  • Cinderella II: Dreams Come True (2002), a continuación do filme de 1950 da Disney, desta vez contando outras pequenas historias nas que a fada madriña realiza o desexo doutros personaxes da historia.
  • A Cinderella Story (2004), unha versión moderna con Hilary Duff e Chad Michael Murray. No lugar do zapatiño de vidro, Cincenta perde seu teléfono móbil nesta versión.
  • Ella Enchanted (2004), unha versión moderna cómica con Anne Hathaway e Hugh Dancy.
  • No film Shrek 2 (2004), aparecen personaxes do conto como a propia Cincenta (alcumada Cindy e de temperamento un tanto inxenuo), a media irmá fea da Cincenta (como a camareira dunha taberna), e a fada madriña (desta vez como a mala do filme).
  • Cinderella Man (2005), un drama americano sobre a vida dun campión mundial de boxeo, James J. Braddock con Russel Crowe coma protagonista.
  • Happily N'Ever After (2007), parodia cómica da Cincenta en animación 3D.
  • Cinderella III: A Twist in Time (2007), outra continuación do filme de 1950 da Disney. Retrata o que aconteceu despois do desenredo da historia, desta vez a vareta da fada madriña cae nas mans da cruel madrasta, que usa a maxia para voltar no tempo facendo que Cincenta non fique co príncipe. Nesta versión a segunda filla da madrasta revela ser menos má que a súa irmá e a súa nai.
  • Year of the Fish (2008), filme baseado na versión chinesa da historia da Cincenta.
  • Another Cinderella Story (2008), historia contemporánea da Cincenta sendo Selena Gomez e Drew Seeley as protagonistas.
  • Elle: A Modern Cinderella Tale (2010), protagonizada por Sterling Knight e Ashlee Hewitt
  • Grazilda (2010), unha serie Filipina. Conta a historia de Cincenta mais é enfocada no que acontece despois do felices para sempre.
  • A Cinderella Story: Once Upon A Song (2011) protagonizada por Lucy Hale. Unha historia moderna sobre Katie (Cincenta), a súa música, e o seu Príncipe Encantado.
  • Grimm (2012): Unha serie que mestura adaptacións modernas de varios contos de fadas.
  • Rags (2012) Un filme orixinal da Nickelodeon protagonizado por Keke Palmer. O rapaz chamado Charlie é o "cincento ", o seu padrasto e dous medios irmáns son a familia adoptiva, a súa nai está morta como na historia, o seu transporte é unha bicicleta, a súa fada madriña é un home e é enxeñeiro de música, o rei e a princesa son pai e filla, que son famosos por seren unha estrela de pop e un produtor musical dunha grande empresa, e o zapato perdido é un CD.
  • Cinderella (2013) protagonizado por Amanda Seyfried[2]

Telenovelas[editar | editar a fonte]

Floricienta, unha telenovela arxentina que conta a historia de Flor Fazzarino, unha moza honesta e humilde que sufría por mor das bruxas Delfina e Magda. A telenovela axiña vendeu formatos a países como Colombia, Portugal, Chile, Brasil e México. Na telenovela brasileira Cheias de Charme (2012) da Rede Globo tamén poden ser vistas referencias ao conto de fadas.

Notas[editar | editar a fonte]