Central do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Central do Brasil
Ficha técnica
Título orixinalCentral do Brasil
DirectorWalter Salles
Produtor
Guión
Baseado enHistoria de Walter Salles
Intérpretes
Música
FotografíaWalter Carvalho
MontaxeFelipe Lacerda
DistribuidoraEuropa Filmes
Estrea1998
Duración113 minutos
Orixe Brasil
Francia
XéneroDrama
Orzamento2,9 millóns de dólares[1]
Recadación22 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.miramax.com/movie/central-station
IMDB: tt0140888 Filmaffinity: 731937 Allocine: 19250 Rottentomatoes: m/central_station Allmovie: v160406 TCM: 442875 Metacritic: movie/central-station TV.com: movies/central-station Netlix: 8177424Editar o valor em Wikidata

Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Dora é unha mestra xubilada que se volveu amargada. Traballa na Estación Central de Río de Xaneiro escribindo cartas para clientes analfabetos. Ás veces pode ser impaciente con eles e chega a non enviar o que escribe, deixándoo nun caixón ou rompéndoo. Josué é un neno pobre de nove anos que nunca coñeceu o seu pai, mais espera facelo. A súa nai envía cartas ao pai a través de Dora, dicindo que agarda reunirse axiña con el, mais cando ela morre nun accidente de autobús ao saír da estación o neno queda sen fogar. Dora cólleo e trafica con el cunha parella corrupta, mais unha veciña acaba por facela sentir culpable.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Central do Brasil (1998) - Financial Information". The-numbers.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. "A comercialização de um filme internacional: Central do Brasil". Asaeca.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. "The 71st Academy Awards (1999) Nominees and Winners". Oscars.org. Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]