Julie Andrews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julie Andrews

Julie Andrews, nada en Walton-on-Thames (Surrey) en 1935, é unha actriz e cantante británica. Coñecida sobor de todo pola súa actuación en Mary Poppins (1964) e Sorrisos e lágrimas (The Sound of Music) (1965).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Julia Elizabeth Wells, filla dun actor e unha pianista. Comezou a actuar diante as tropas británicas na Segunda Guerra Mundial, coa estrela infantil Petula Clark. En 1947 debutou como actriz de teatro, participando en musicais como The Boy Friend, My Fair Lady e Camelot.

Participou nas probas para o papel de protagonista do filme, My Fair Lady que finalmente protagonizou Audrey Hepburn, como consolación déronlle o papel protagonista na versión musical de Mary Poppins (1964), pola que gañou o Óscar á mellor actriz, e o Grammy ao mellor disco para nenos por Mary Poppins. Nomeada doutra volta converteuse, brevemente, nunha das máis solicitadas estrelas de Hollywood. Como resultado apareceu en filmes como Hawaii con Max von Sydow, Torn Curtain de Alfred Hitchcock (1966) e Thoroughly Modern Millie (1967).

A súa participación en Star! (1968) e Darling Lili, con Rock Hudson (1970), danaron a súa carreira, aínda que seguiu a protagonizar filmes ata os anos 80, destacan en especial 10, Vítor ou Vitoria, e S.O.B., realizados polo seu home, Blake Edwards.

No ano 2001 volveu ao cine con The Princess Diaries de George Marshall. Julie escribiu libros para nenos co pseudónimo de Julie Andrews Edwards. O máis coñecido é The Last of the Really Great Whangdoodles.

Filmografía[editar | editar a fonte]