Selena Gomez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSelena Gomez

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Selena Marie Gomez Editar o valor em Wikidata
22 de xullo de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Grand Prairie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
outubro de 2008 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMexicanos americanos (pt) Traducir e Ítalo-americanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaPró-escolha (pt) Traducir e Black Lives Matter Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , modelo , deseñador de moda , cineasta , actriz de dobraxe , produtora musical , actriz , cantautora , empresaria Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUNICEF Editar o valor em Wikidata
Membro de
Selena Gomez & the Scene (pt) Traducir (2008–2013) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, pop dance, electropop (pt) Traducir, pop rock, música rock e heavy metal Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés estadounidense, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado50.000.000 $ (setembro de 2018) Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra rítmica, voz, Instrumento de percusión, Batería e Tambor Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWalt Disney Records (pt) Traducir (2007–2014)
Hollywood Records (2008–2014)
Interscope Records (2014–) Editar o valor em Wikidata
Participou en
Desafio do Balde de Gelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
NaiMandy Teefey Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webselenagomez.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1411125 Allocine: 168391 Rottentomatoes: celebrity/1187613-selena_gomez Allmovie: p382910 TCM: 1641512 Metacritic: person/selena-gomez TV.com: people/selena-gomez
Facebook: Selena Twitter: selenagomez Instagram: selenagomez MySpace: selenagomez Snapchat: selenagomez Youtube: UCPNxhDvTcytIdvwXWAm43cA TikTok: selenagomez Souncloud: selena-gomez-official Spotify: 0C8ZW7ezQVs4URX5aX7Kqx iTunes: 280215834 Last fm: Selena+Gomez Musicbrainz: e4bc69e2-a064-4f93-ada1-f7f209cc1cc3 Songkick: 1059348 Discogs: 1642600 Allmusic: mn0000996096 WikiTree: Gomez-1712 Deezer: 292185 Genius: Selena-gomez Editar o valor em Wikidata

Selena Marie Gomez, nada en Grand Prairie (Texas) o 22 de xullo de 1992, é unha actriz, cantante, produtora, directora e empresaria estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criada en Texas, comezou a súa carreira artística na serie infantil americana Barney & Friends a principios de 2003.

O seu primeiro papel foi en Barney & friends, cantando moitas cancións da serie como Gianna, xunto a Demi Lovato. En 2006 participou como estrela convidada na segunda tempada de Zack & Cody interpretando a Gwen no episodio A Midsummer's Nightmare. En 2007 apareceu tamén nunha serie de episodios de Hannah Montana como Mikayla, unha estrela do pop rival da protagonista.

Ese ano Gomez empezou a conseguir fama ao aparecer na exitosa serie de Disney Channel Wizards of Waverly Place. Interpretou a protagonista Alex Russo até o remate da serie en 2012.

Gomez entrou na industria do filme coas películas Ramona and Beezus (2010), Monte Carlo (2011) e Hotel Transylvania (2012). Conseguiu unha visión máis madura por parte do seu público despois de protagonizar o escandaloso filme Spring Breakers (2014) e de lanzar o seu álbum en solitario Stars Dance (2013). Este último proxecto debutou de número un na estadounidense Billboard 200 e conseguiu estar nás primeiras dez posicións do Billboard Hot 100 coa canción Come & Get It.

Música[editar | editar a fonte]

Formou a súa banda musical Selena Gomez & The Scene tras asinar un contrato con Hollywood Records en 2008. Publicaron os álbums Kiss & Tell (2009), A Year Without Rain (2010) e When the Sun Goes Down (2011) antes de se disolver a banda en 2012.

Gravou "Everything is Not What it Seems" ("Nada é o que parece"), canción principal da serie Wizards of Waverly Place. En 2008 gravou unha versión do clásico de Disney "Cruella De Vil" para o DVD platino de 101 dálmatas e "Fly to your heart" da película de Disney Tinker Bell. Tamén gravou cancións da banda sonora de Another Cinderella Story.

Gomez rematou o contrato con Hollywood Records tras publicar unha recompilación das súas mellores cancións en For You (2014). Posteriormente asinou un contrato con Interscope Records para continuar o traballo no seu segundo álbum de estudio.

Dende o comezo da súa carreira artística, Gomez vendeu 2,8 millóns de álbums e 18,1 millóns de cancións.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

En paralelo coa súa vida pública de celebridade, Gomez traballou en varias ocasións con múltiples organizacións de caridade, entre elas UNICEF, da que é a embaixadora máis nova. Formou a súa propia compañía, July Moon Productions en 2008. Dous anos máis tarde lanzou a súa primeira liña de moda a través de Kmart. Todas as súas pezas de roupa conteñen materiais feitos con elementos ecolóxicos. En 2011 saíu á venda o seu perfume Selena Gomez Eau de Parfum.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]