Shrek 2
| Shrek 2 | |
|---|---|
| Título orixinal | Shrek 2 |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Andrew Adamson Kelly Asbury Conrad Vernon |
| Produtor | Aron Warner John H. Williams David Lipman |
| Guión | Andrew Adamson Joe Stillman J. David Stem David N. Weiss |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Mike Myers Eddie Murphy Cameron Diaz Antonio Banderas Julie Andrews John Cleese Rupert Everett Jennifer Saunders |
| Música | Harry Gregson-Williams |
| Fotografía | |
| Montaxe | Michael Andrews Sim Evan-Jones |
| Estudio | DreamWorks Animation Pacific Data Images |
| Distribuidor | DreamWorks Pictures Universal Pictures |
| Ano | 2004 |
| Duración | 93 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | $150.000.000[1] |
| Filme anterior | Shrek |
| Filme seguinte | Shrek the Third |
| Ficha en IMDb | |
Shrek 2 é unha película de 2004 dirixida por Andrew Adamson, Kelly Asbury e Conrad Vernon. A súa estrea en España foi o 19 de maio de 2004.
Índice |
Argumento [editar]
Trala lúa de mel de Shrek e Fiona, estes, xunto con Asno, van coñecer aos pais dela, os reis de Moi, Moi Afastado. Con todo, as cousas non saen como eran de esperar, todo o pobo queda sorprendido ó ver que da carroza saen dous ogros e o Rei Harold e Shrek non se soportan. A confabulación e a traizón están servidas.
Dobraxe [editar]
Tanto na versión inglesa como na española repetiron os mesmos actores principais de Shrek: Mike Myers, Eddie Murphy e Cameron Díaz na orixinal anglosaxoa, e José Mota, Juan Muñoz e Nuria Mediavilla na que se estreou en España. Ademais, incorporouse ó reparto Antonio Banderas dobrando o papel do Gato con botas tanto en inglés coma en castelán.
- Mike Myers como Shrek
- Eddie Murphy como Burro
- Cameron Diaz como Princesa Fiona
- Julie Andrews como Raíña Lillian
- Antonio Banderas como Gato con Botas
- John Cleese como Rei Harold
- Rupert Everett como Príncipe Encantador
- Jennifer Saunders como Fada Madriña
- Joan Rivers (US)/Kate Thornton (RU) como Carapuchiña vermella
- Larry King (US)/Jonathan Ross (UK) como Doris
- Aron Warner como Gran Lobo Feroz
- Cody Cameron como Pinocchio, e Os tres porquiños
- Christopher Knights e Simon J Smith como Three Blind Mice
- Conrad Vernon como Home de xenxibre; Muffin Man; Mongo; Cedric
- Tom Waits como Capitán Hook
- Chris Miller como Espello Máxico
- Mark Moseley como Vestidor
- Kelly Cooney como Home da comida rápida
- Kelly Asbury como Paxe; Elfo; Nobre; fillo do nobre
- Andrew Adamson como Capitán da Garda
Banda sonora [editar]
A música de Shrek 2 foi composta por Harry Gregson-Williams. Ademais, e como xa ocorrera na da película anterior, incluíronse na banda sonora temas vocais de diferentes artistas. Devanditos temas son:
- Accidentally In Love - Counting Crows
- Holding Out For A Hero - Frou Frou
- Changesjajaa
- As Lovers Go (Ron Fair Remix) - Dashboard Confessional
- Funkytown - Lipps, Inc.
- I'm On My Way - Rich Price
- I Need Some Sleep - Eels
- Ever Fallen In Love - Pete Yorn
- Little Drop Of Poison - Tom Waits
- You're Xo True - Joseph Arthur
- People Ain't Non Good - [[Nick Cave
Curiosidades [editar]
- Shrek 2 contén multitude de referencias a películas famosas, tanto actuais como antigas, e que non necesariamente son de contos infantís, como pasaba coa súa predecesora.
- Unha das escenas máis hilarantes da película prodúcese cando Shrek, Asno e o Gato con Botas son arrestados e aparecen no programa de televisión Cabaleiros, unha clara referencia ó programa Cops. Tras iso, os seus amigos que os ven por televisión, acoden a salvalos e mentres soa a música de Misión Imposible, Pinocho cae polo buraco da cela colgado das súas cordas como o facía o protagonista da película anteriormente nomeada.
- Cando a galleta xigante de xenxibre esnaquiza o castelo, é unha referencia a Os cazafantasmas e ó videoxogo The Neverhood, tamén de DreamWorks, no que un inmenso robot debía entrar nun castelo, e acaba sendo derrubado no intento, mentres abre as portas coas súas mans espidas. Tamén ambos perden algo moi querido, o botón de caramelo no caso da galleta e o osiño de peluche no caso do robot. O protagonista debe seguir e abandonalo para ir a polo malvado de quenda, pero ambos aparecen ó final. Ademais, o seu nome é Mongo como o xigante de Blazing Saddle (película de Mel Brooks do ano 1974.
- O número musical Fairy Godmother Song (Canción do Fada Madriña) é unha referencia a A bela e a besta, onde os mobles cantan e bailan.
- O personaxe de Fada Madriña foi creado orixinalmente para Shrek, pero foi eliminada da metraxe final.
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2004: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor canción e Mellor filme de animación.
- 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor canción.
- 2004: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor filme).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web oficial (en inglés)