Castro de Soutelo
Coordenadas: 43°06′50″N 8°18′09″O / 43.113769444444, -8.3025
Castro de Soutelo | |
---|---|
Parroquia | Olas |
Concello | Mesía |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15047009 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de ferro |
Extensión estimada | 0,5 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Soutelo é un poboado castrexo situado no lugar de Castro Cregos na parroquia de Olas, (Mesía).
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
O castro componse dun único recinto. É un aterrazamento circular cun parapeto e un foxo na parte alta da pendente. Nesta zona hai nun lado dous parapetos e un foxo e no outro un parapeto[1].
Arqueoloxía[editar | editar a fonte]
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación[editar | editar a fonte]
A titularidade está en mans privadas e a súa conservación depende de futuras concentracións forestais[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.