Castro da Saceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°55′54″N 7°37′38″O / 41.931602, -7.627271

Castro da Saceda
ParroquiaLucenza[1]
ConcelloCualedro
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA32028022
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSéculo -V ata o século I
Períodos de escavación1982 e 1988
Estado actualParcialmente escavado. Visitable.
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro da Saceda, cidá da Saceda[2] ou castro de Seceda,[3] é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado no lugar da Saceda, na parroquia de Lucenza (Cualedro). É un castro escasamente romanizado[1] que foi declarado Ben de Interese Cultural da provincia de Ourense no ano 2011.[2]

Situación[editar | editar a fonte]

O sitio arqueolóxico atópase a uns 780 metros de altitude.[1]

Escavacións[editar | editar a fonte]

Entre 1982 e 1988 producíronse varias campañas de escavacións, dirixidas por Antonio Rodríguez Colmenero. No ano 2015, foi estudado de novo por un equipo dirixido por Martiño Xosé Vázquez Mato e certificouse que a súa antigüidade máxima era do século -V.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Castro da Saceda". Concello de Cualedro. 
  2. 2,0 2,1 "Castro da Saceda en Cualedro.es". Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  3. "Ficha no Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]