Bourg-en-Bresse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°12′20″N 5°13′44″E / 46.20556°N 5.22889°E / 46.20556; 5.22889

Bourg-en-Bresse
Blason Bourg-en-Bresse.svg
Préfecture.Ain.JPG
Situación xeográfica
Bourg-en-Bresse en Francia
Bourg-en-Bresse
Bourg-en-Bresse
País Francia Francia
Rexión Ródano-Alpes
Departamento Ain
Xeografía
Altitude Max. 273 msnm
Superficie 23,86 km2 km²
Poboación
Poboación 40203 (2008)
Densidade 1684,95 hab./km2
Información
Código postal 01000
Alcalde Jean-François Debat
Páxina web http://www.bourg-en-bresse.org/

Bourg-en-Bresse (en francoprovenzal Bôrg), é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Bôrg é unha vila de tamaño grande, con 40.666 habitantes en 2005, nunha extensión de 23,86 km². Está situada a 70 km ao nordeste de Lión, a 30 ao leste de Mâcon e a 120 km ao oeste de Xénova. A pesar de estar situada nunha chaira, Bôrg está moi próxima aos montes do Xura, e está atravesada polo río Reyssouze, que desemboca máis tarde no Saône.

Historia[editar | editar a fonte]

Rúa de Bourg-en-Bresse.

Bôrg era a antiga capital da Bresse unha provincia francesa antes da Revolución. Aínda que se atoparon no seu subsolo restos romanos, non hai demasiados elementos para trazar unha historia coherente de Bôrg ao longo da época antiga.

En 1250 é nomeada vila franca e a artir de aí o seu destino está ligado á casa de Savoia, e a principios do século XV os duques savoianos a escollen como capital da Bresse. En 1535 é tomada polos franceses, pero reconquistada polo duque Filiberto Enmanuel, que a transformará en praza forte, o que lle valeu resistir o asedio de seis meses aos que a someteron as tropas de Henrique IV. Finalmente en 1601 a cidade pasa a pertencer a Francia, canda toda a Bresse.

Logo da Revolución Francesa a cidade pasouse a chamar, durante algún tempo Épi-d-Or (Espiga Dourada). En 1814 as tropas austríacas fixeron pillaxe pola cidade.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa posición como gallada de camiños favoreceu de sempre o intercambio comercial e a prosperidade económica de Bôrg, fundamentalmente ligada á produción artesanal e ao comercio de produtos agrogandeiros. Pero na segunda metade do século XX a cidade presenciou un forte cambio grazas á instalación nela dunha fábrica de camións Berliet (na actualidade Renault Trucks), que serviu de motor para o desenvolvemento posterior de industrias relacionadas co transporte industrial e a maquinaria agrícola. Ademais, tamén é un importante centro metalúrxico. A cámara de comercio de Ain ten a súa sede en Bôrg.

Turismo e cultura[editar | editar a fonte]

O centro histórico tiña unhas murallas savoianas demolidas no século XIX. Ademais, algúns edificios relixiosos son dignos de mención como a catedral, construída entre 1505 e 1695, e a igrexa e o mosteiro real de Brou, construídos entre 1505 e 1536 por iniciativa da viúva de Filiberto II de Savoia, a princesa Margarida de Austria. Estes dous últimos edificios, e gótico flamíxero, están profusamente decorados e acollen valiosos sepulcros no seu interior. Na cidade hai ademais un pequeno museo con colección de pintura antiga.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Bourg-en-Bresse está irmandada coas seguintes cidades:

Tamén posúe acordos de colaboración coas seguintes cidades:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bourg-en-Bresse

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]