Mâcon
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mâcon é unha cidade de Francia, capital do departamento de Saône-et-Loire, na rexión da Borgoña. É capital tamén de distrito e de cantón.
O seu termo municipal ten 27 km2, cunha poboación de 36.068 habitantes en 2007. Está sita a beiras do río Saona (afluente do río Loira), entre a rexión de Bresse, ao leste, e os montes do Beaujolais, a oeste.
Entre os seus monumentos compre salientar Catedral de Saint-Vincent, o Museo de Belas Artes (antigo convento das ursulinas) e o pazo ou hôtel de Senecé (Museo Lamartine).