Papilio machaon
O Papilio machaon, coñecida como galo[1] ou boiña[2], é unha das bolboretas máis comúns de Europa. Así a todo, non se encontra en Irlanda; en Inglaterra, a súa existencia limítase á rexión de Norfolk; na Europa temperada hai zonas nas cales se pode localizar con facilidade; pero este insecto de tan bonita aparencia tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos. Polo contrario, multiplícase no norte de África, nalgunhas rexións de Europa, na zona temperada de Asia cara ó Himalaia, en distintas partes de América do Norte e por último en Xapón.
O seu hábitat comprende dende o nivel do mar ata os 2.000 metros, en prados e zonas floreadas.
O Papilio machaon ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás posteriores. O seu voo pode apreciarse en climas máis setentrionais unha vez ó ano, dúas veces (abril-maio) e (xullo-agosto) en climas temperados e ata tres veces en lugares máis cálidos coma o sur da Península Ibérica e o norte de África.
Esta bolboreta foi descrita moi a cotío, con subespecies e as súas formas distintas en función da súa pertenza xeográfica. En Europa continental pódese encontrar P. gorganus; en Inglaterra, P. britannicus; en América do Norte, P. aliaska e dúas das súas subespecies.
A eiruga do Papilio machaon é moi chamativa e, se é irritada, pode facer saír polo seu extremo anterior un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. A crisálida é xeralmente de cor verde ou gris pardo.
Galería de imaxes[editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de eirugas de Galicia