Casulo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casulo (homónimos).
Ninfa atacada por ácaros.
O casulo ou casullo é o envoltorio que fabrican as larvas de numerosos insectos segregando certa substancia, en particular o do verme da seda. O casulo está constituído por un material semellante á seda.
Na orde dos lepidópteros, coincide coa fase da metamorfose denominada crisálide ou ninfa, caracterizada por un estado quiescente inactivo; sendo o estadio intermediario entre a larva e o adulto do desenvolvemento.