John Ford
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: John Ford (homónimos).
John Feeney, nado en Cape-Elizabeth (Maine) o 1 de febreiro de 1895 e finado en Palm Desert (California) o 31 de agosto de 1973, foi un cineasta norteamericano de orixe irlandesa, coñecido co nome artístico de John Ford.
[editar] Traxectoria
Pénsase que foi inscribido xa nos Estados Unidos da América ao emigrar de cativo coa súa familia. Era o menor de 13 irmáns e gustaba de chamarse Sean Aloysius O'Fearna.
Durante a época do cinema mudo fixo máis de 60 películas, destacando O cabalo de ferro (The Iron Horse, 1924) e Tres homes malos (Three Bad Men, 1926).
A súa carreira cinematográfica consta de máis de 150 películas, destacando entre todas elas O home tranquilo (The Quiet Man, 1952), resumo existencialista da súa vida.
No referendo organizado pola Filmoteca Real de Bruxelas, no que participaron máis de 200 especialistas co gallo de elixir os representantes mais importantes do cinema norteamericano, quedou en primeiro lugar por diante de David Griffith, Charles Chaplin e Orson Welles.
Ten 4 óscars da academia como mellor director.
[editar] Filmografía
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co cine que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- The Informer (1935).
- The Grapes of Wrath (1940).
- How Green Was My Valley (1941).
- The Quiet Man (1952).