King Vidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
King Vidor
King Vidor on a Hacker.jpg
King Vidor en 1928 durante a rodaxe de The Patsy
Información persoal
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Data de nacemento 8 de febreiro de 1894
Lugar de nacemento Galveston, Texas
Data de falecemento 1 de novembro de 1982
Lugar de falecemento Paso Robles, California
Filmografía
Películas dirixidas
Películas guionizadas
Películas producidas

Ficha en IMDb

King Wallis Vidor, nado o 8 de febreiro de 1894 en Galveston, Texas e finado o 1 de novembro de 1982 en Paso Robles, California, foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

King Vidor, gran cineasta estadounidense, tiña orixes húngaras por parte paterna, que procedía dunha familia adiñeirada. De feito, os negocios do seu pai fixéronlle amasar a este un capital notable.

King Vidor entrou na academia Militar de San Antonio, para logo ingresar no colexio de Fort Deposit. Un influxo importante nas súas ideas foi o da súa nai, pois lle introduciu na Ciencia Cristiá, para a cal traballaría cun grupo de médicos; máis tarde, no ocaso da súa vida, quixo facer unha película sobre Mary Baker Eddy, fundadora desta relixión.

King Vidor empezou como afeccionado; fixo documentais publicitarios e noticiarios, que logrou vender en ocasións. Publicista e autor de curtametraxes, debutou como realizador en 1913. No ano 1916, casou con Florence Arto, futura actriz e colaboradora súa. Instalouse coa súa muller en Hollywood.

O seu primeiro traballo en Hollywood foi en 1915, para desenvolver actividades relacionadas co cine (contable, rexedor, guionista). Aos poucos anos tivo a súa oportunidade artística, e dirixiu The Turn of the Road (A volta do camiño) en 1919, con verdadeiro éxito, o cal permitiulle realizar de inmediato outros tres filmes. En 1920, fundou Vidor Village, estudo cinematográfico propio, no cal dirixirá sete películas, case todas protagonizadas pola súa muller, Florence Vidor.

En 1923 con todo viuse obrigado a deixar o seu estudo. Logo, logrou éxito con The Big Parade (O gran desfile (en galego)) (1925) ou con Show People (1928). Xa divorciado ; viaxou, en 1928, a París coa súa segunda esposa, Eleanor Boardman, para promocionar esa última película.

En Hollywood rodou ao ano seguinte a famosa Hallelujah! ( Aleluia), interpretada só por afroamericanos, na que o son toma por primeira vez relevancia artística dentro do cine, inventando innumerables usos ademais de escoitar o que se ve, cousa que non era así antes desa película xa que a maior parte de estreas eran "talkies" ou películas faladas.


Interesouse pronto polo cine en cor, e filmou Northwest Passage (Paso ao noroeste) (1940). Con An American Romance (1944) realizou unha segunda experiencia con ese tipo de película. Entre as súas obras sucesivas hai que recordar, sen dúbida, Duel in the Sun (Duelo ao sol')' (1946), The Fountainhead (O manancial')' (1949) e Ruby Gentry (1952).


Tras Solomon and Sheba de 1959 retirouse. Pasou a dedicarse á escritura (así, o seu belo libro de memorias, que está publicado en España por Paidós), á pintura, a filosofía, o ensino universitario. Tamén chegará a facer dúas curtametraxes experimentais.

Foi cinco veces nomeado ao Premio Oscar, e recibiu un premio honorífico en 1979, polo conxunto da súa obra.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]