Erich von Stroheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erich von Stroheim
Erich von Stroheim.lowrey.jpg
Nacemento Erich Oswald Stroheim
22 de setembro de 1885
Viena, Imperio Austro-Húngaro
Falecemento 12 de maio de 1957
Maurepas, Yvelines
Nacionalidade Austria Austria
Profesión Actor, director, produtor
Parella(s) Denise Vernac (1939-1957)
Cónxuxe(s) Margaret Knox (1913–1915)
Mae Jones (1916–1919)
Valerie Germonprez (1920–1957)
Ficha na IMDb

Erich Oswald Stroheim, nado en Viena o 22 de setembro de 1885 e finado en Maurepas (Francia) o 12 de maio de 1957 foi un director, produtor e actor austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun sombreireiro de clase media, Stroheim emigrou aos Estados Unidos a finais de 1909. Na Illa Ellis afirmou ser o conde Erich Oswald Hans Carl Maria von Stroheim und Nordenwall, fillo dun nobre austríaco, como as personaxes que adoitaba interpretar. Porén, Billy Wilder e o axente de Stroheim, Paul Kohner, dicían que falaba alemán de clase baixa e Jean Renoir escribiu nas súas memorias que a penas falaba alemán.[1] Cando Stroheim volveu vivir a Europa indicou que “esquecera” a súa lingua materna. No filme de Renoir La Grande Illusion fala alemán cun forte acento estadounidense.

A súa relación co cinema comezou como conselleiro de cultura e moda alemás, participando por primeira vez como actor en filmes de 1915. Despois da Primeira Guerra Mundial converteuse en guionista, dirixindo a súa historia Blind Husbands en 1919, que tamén protagonizou

Coñecido polo seu carácter ditatorial, é recoñecido como un dos grandes directores do cinema mudo, sendo o seu traballo máis lembrado Greed, no que creou unha primeira versión de dez horas que foi recortada.

Despois de ser despedido da rodaxe de Queen Kelly por desacordos coa estrela Gloria Swanson dedicouse principalmente á interpretación. En 1950 interpretou o maiordomo Max von Mayerling en Sunset Boulevard, de Billy Wilder, no que a súa personaxe afirma que foi un dos grandes directores do cinema mudo, con D.W. Griffith e Cecil B. DeMille, frase na que se observa a base autobiográfica da personaxe.

A última parte da súa vida pasouna en Francia, onde os seus filmes eran admirados.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1918 The Heart of Humanity
1919 Blind Husbands
1920 The Devil's Pass Key
1922 Foolish Wives
1923 Merry-Go-Round
1924 Greed
1925 The Merry Widow
1928 The Wedding March
1929 Queen Kelly
1933 Hello, Sister!

Actor[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1912 An Unseen Enemy
1915 Old Heidelberg
1916 The Flying Torpedo
1932 The Lost Squadron
1936 The Crime of Dr. Crespi
1936 Mademoiselle Docteur
1937 La Grande Illusion
1938 Gibraltar
1938 Ultimatum
1943 Five Graves to Cairo
1943 The North Star
1944 The Lady and the Monster
1944 Storm Over Lisbon
1945 The Great Flamarion
1945 Scotland Yard Investigator
1946 The Mask of Dijon
1950 Sunset Boulevard
1955 Napoléon

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Renoir, Jean (1974). Ma Vie et mes films. Flammarion.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erich von Stroheim Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]