Azaila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Azaila
Igrexa de Zaila

Azaila (Zaila en aragonés) é un concello da provincia de Teruel, situado na comarca de Martín Bajo. A súa poboación era de 192 habitantes (1996). Dista 170 km da capital provincial.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A localidade está nun cantil que se ergue sobre o río Aguas. O concello esténdese por unha superficie de 81,4 km²

Monumentos[editar | editar a fonte]

Moi preto do lugar atópase a cidadela Cabezo de Alcalá, cuxo asentamento é fundamental para o coñecemento da cultura ibérica e a romanización do Val do Ebro.

Cómpre tamén destacar a igrexa do século XVII.

Historia[editar | editar a fonte]

No Cabezo de Alcalá hai un importante sitio arqueolóxico con tres niveis: Campos de urnas tardíos (Iª Idade do Ferro); asentamento urbano da cultura ibérica (IIª Idade do Ferro); e mais a cidade ibero-romana. Cóidase que o nivel ibero corresponde co topónimo, coñecido por outras fontes (moedas por exemplo), Sedeis, Sedeiskem, capital dos iberos sedetanos. Miguel Beltrán Lloris cre, no entanto, que corresponde con Belgion. Destruída nunha guerra civil romana, a cidade non foi reconstruída, porque non facía falla un lugar fortificado para articular o territorio (na zona creceu a cidade romana de Lepida Celsa, localizada nun posto mellor comunicado e máis chairo, onde hoxe se levantan Exelsa e Viliella de Ebro).

Aínda que o nome se cre de orixe árabe, non queda nin se sabe nada da época árabe e si da época cristiá. Ben puido suceder que o topónimo Sedeis, pasando polo latín vulgar, evolucionara para Zaylla, e no período árabe, por analoxía coa palabra árabe Zaylla ("a plana" ou "a chaira"), igual que Zella, que se interpreta a partir da variante Sahla da mesma palabra. En textos medievais cristiáns coñécese como Zaylla. En 1196 Pedro II de Aragón, cedeu Zaila a Gastón de Castellot. Zaylla foi propiedade da súa familia até 1283. Coñécense restos dunha fortaleza cristiá cunha necrópole datada entre os séculos XIII e XVI.

A comezos do século XVII Zaylla estaba case deshabitada por mor da expulsión dos mouriscos. No censo de Campoflorido, en 1713 o lugar aínda se citaba como Zaylla ou Zayllas, case como o nome que emprega ben de xente vella da comarca e que fica tamén na toponimia do veciño lugar de Xatiel, onde hai un Val de Zaila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]