August Macke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
August Macke
Nacemento 3 de xaneiro, 1887
Lugar de nacemento Meschede, Alemaña
Morte 26 de setembro, 1914 (27 anos)
Lugar de morte París, Francia
Nacionalidade alemá
Eido Pintura, Debuxo
Movemento Expresionismo

August Robert Ludwig Macke, nado en Meschede (Hochsauerland) o 3 de xaneiro 1887 e finado en Perthes-lès-Hurlus (Champagne)o 26 de setembro 1914, foi un pintor alemán expresionista. Participou nas dúas exposicións do grupo Der Blaue Reiter (O xinete azul).

Nuns dez anos creou Macke un estilo de seu en rápida mutación caracterizado polo emprego de cores luminosas, rechamantes, puras e harmónicas. Como auténtico artista da súa época, Macke soubo integrar nas súas pinturas os elementos vangardistas que máis lle gustaban. „Os seus cadros satisfacen o anhelo de imaxes positivas dun mundo intacto, a harmonía do home coas cousas que o rodean.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha granxa de Meschede, Sauerland. O seu pai, August Friedrich Hermann Macke (1845-1904) era contratista inmobiliario, aficionado no seu tempo de lecer á colección de gravados antigos e moedas, a súa nai, Maria Florentine, nada Adolph, (1848-1922), proviña dunha familia campesiña. Logo do nacemento de August mudouse a familia a Colonia, onde el comezou o ensino medio en 1897. Máis adiante, trasladouse á cidade de Bonn onde en 1900 matriculouse na escola secundaria local. Foi en Bonn onde viviu a súa época creativa coa excepción de pequenas épocas na que viaxou ó Lago de Thun (Suíza) e a París, Italia, Países Baixos e Tunisia. En 1903 coñeceu á que sería a súa futura dona Elisabeth Gerhardt, a filla de Carl Gerhardt fabricante de Bonn. Elisabeth convertiríase no seu modelo máis importante; el retrataríaa máis de 200 veces.[2] Bernhard Koehler, tío de Elisabeth, e adiñeirado empresario, coleccionista e mecenas berlinés, apoiaría a Macke economicamente en reiteradas ocasións.

August Macke. Autorretrato. 1906

Durante o seu tempo escolar amosou Macke dotes como debuxante e pintor xunto cun vivo interese pola arte. En 1904 en contra da vontade do pai, Macke ingresou na Kunstakademie Düsseldorf (Academia de Belas Artes de Düsseldorf). Axiña criticou o ríxido programa da academia, sobre todo o omnipresente deseño con xeso. Deste xeito visitou só esporadicamente a academia, deixándoa prematuramente ao comezo do mes de novembro de 1906. Paralelamente participou en 1905 nun curso na Düsseldorfer Kunstgewerbeschule (Escola de arte e artesanía de Düsseldorf), da que sacou máis proveito.

Por medio do seu amigo Wilhelm Schmidtbonn, entrou en contacto con Louise Dumont e Gustav Lindemann, na Schauspielhaus Düsseldorf, que buscaban unha reforma do mundo do teatro. Con grande entusiasmo en 1906, August Macke deseñou escenarios e traxes para unha serie de obras teatrais. Bonn Schmidt describir a Macke entón con 19 anos de idade: "El era ancho e grande, saudable e de rostro sorrinte. A súa figura, rostro, voz enchía a nosa sala dun xeito inusual. [...] El contaxiábanos da súa forza e paixón pola vida... ".

Elisabeth Gerhardt (1909)

En París, onde chegou por primeira vez no ano 1907, Macke toma contacto co traballo dos impresionistas. En 1910, a través do seu amigo Franz Marc, coñece a Wassily Kandinsky e durante aquela época compartiu a estética non-obxectiva e os intereses simbólicos e místicos do Der Blaue Reiter.

Nunha viaxe a París, en 1907, coñeceu Macke o impresionismo, estilo que o impresionou profundamente. El entón decidiu completar a súa educación cun impresionista alemán. Macke escolleu a Lovis Corinth, quen daba cursos nunha escola de arte privada de Berlín. Durante os seis meses de período de estudo Macke tamén visitou varios museos en Berlín. 1908 foi seguido por unha viaxe a Italia e, xunto con Elisabeth Gerhardt e Bernhard Koehler, unha segunda viaxe a París. A razón para esta viaxe, foi o desexo de Koehler, de completar a súa colección de obras do impresionismo francés, actuando Macke coma consultor.

En outubro de 1908 comezou o servizo militar, servindo case durante un ano, o que o obrigoun a interromper os seus estudos. Despois de completar o servizo militar casou en outubro de 1909 con Elizabeth Gerhardt. A existencia do par foi garantida pola renda obtida por Elisabeth Macke da herdanza do seu pai, sendo posible, unha existencia despreocupada, aínda que sen luxos. En 1910 e 1913 naceron os seus fillos Walter e Born Wolfgang.

Pintura e actividade expositora[editar | editar a fonte]

Paisaxe de Tegernsee (1910)

O encontro de Macke con Robert Delaunay en París en 1912, supuxo unha revelación para el. O Cubismo cromático de Delaunay, chamado Orfismo por Guillaume Apollinaire, influíu definitivamente no arte de Macke a partir dese intre. Os seus Escaparates de Tendas poden ser considerados unha interpretación persoal das Fiestras de Delaunay, combinadas coas imaxes futuristas que viu en Italia. O ambiente exótico de Tunisia, que Macke visitou con Paul Klee e Louis Moilliet en 1914, foi fundamental na aproximación á luz da súa etapa final, na que creou unha serie de traballos que considéranse actualmente obras mestras. A carreira de Macke foi interrompida bruscamente pola súa ceda morte en setembro de 1914, no fronte da Primeira Guerra Mundial.

A lúa de mel, levounos de novo a París, onde August Macke coñecería as obras dos fauvistas e futuristas. Despois, a parella aceptaría a invitación de Wilhelm Schmidtbonn e trasladaríase a finais de outubro dese ano á vila de Tegernsee. A súa estadía no illamento da Alta Baviera faría desta tempada unha das fases de maior creatividade e produtividade do pintor.

Co gallo dunha exposición a comezos de 1910, Macke coñece a Franz Marc. Mit dem sieben Jahre Älteren verbanden logo uniuse a el unha grande amizade e un intenso intercambio de opinións sobre cuestións artísticas. En setembro de 1910, visitou unha exposición da Neue Künstlervereinigung München (Asociación Nova de Artistas de Múnic), onde entre outros, amosaríanse as obras dos fauvistas xunto ás primeiras obras do Cubismo.

En Tegernsee Macke queixábase da falta de espazo pra traballar e vivir, botando de menos especialmente un obradoiro independente pra traballar, deste xeito a familia mudouse a finais de 1910 de novo a Bonn; alí puido Macke construir un obradoiro nunha casa pertencente á súa sogra. Neste tempo produciu máis de 330 cadros.[3]

A mediados de 1911 decidiron algúns dos membros do novo grupo artístico, entre eles Wassily Kandinsky e Marc, editar unha publicación, que soamente aparecería unha vez en forma de almanaque chamada „Der Blaue Reiter“. A petición de Franz Marc Macke participou na redacción do almanaque e contribuiu cun ensaio; er veranlasste zudem Bernhard Koehler, die Finanzierung sicherzustellen. A finais de 1911 die Redakteure des Almanachs aus der Künstlervereinigung austraten, um unter dem Namen Der Blaue Reiter eigene Ausstellungen durchzuführen, schloss Macke sich an. A primeira exposición de Blauen Reiter, tivo lugar entre 1911/12 sendo amosada en Múnic, Colonia, Berlín, Hagen e Frankfurt; con só tres obras Macke sentiríase pouco representado. A súa relación co grupo Blauen Reiter fora sempre ambivalente;[4]

Durante os tres anos que viviu en Bonn Macke adicou a maioría do seu tempo a actividades expositoras. As súas exposicións en galerías de renome, contribuíron a que a súa soa medrase ao longo de Alemaña. Exerceu ademais como organizador de importantes exhibicións.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Westfälisches Landesmuseum für Kunst und Kulturgeschichte Münster u. a. (Hrsg.): August Macke und die frühe Moderne in Europa (August Macke e o modernismo temperán en Europa), S. 27.
  2. Website zur Ausstellung „Mein zweites Ich“, August Macke Haus, Bonn, 2009/10.
  3. Katharina Schmidt: August Macke in Bonn – 1910 bis 1913, in: Ernst-Gerhard Güse (Hrsg.): August Macke – Gemälde, Aquarelle, Zeichnungen, S. 49.
  4. Rosel Gollek: Indianer, Sturm und Masken – August Mackes Beitrag zum Blauen Reiter, in: Ernst-Gerhard Güse (Hrsg.): August Macke – Gemälde, Aquarelle, Zeichnungen, S. 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]