August Leskien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
August Leskien.

Johann Heinrich August Leskien, nado en Kiel o 8 de xullo de 1840 e morto en Leipzig o 20 de setembro de 1916, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX. O seu nome está unido á lei que promulgou: a Lei de Leskien sobre a regularidade do cambio fonético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Kiel[1], August Leskien estudou filoloxía na Universidade de Kiell e na de Leipzig, onde en 1864 conseguiu o doutoramento. Desde ese ano ao 1866 ensinou grego e latín na Thomasschule zu Leipzig. En 1866 estudou lingüística comparada na Universidade de Jena, onde foi alumno de August Schleicher e obtivo a habilitación docente o ano seguinte. Desde o 1867 foi profesor na Universidade de Gottinga, desde o 1869 en Jena e desde o 1870 en Leipzig; alí ensinou Filoloxía eslava[1], converteuse en titular en 1876}} e conservou a cátedra ata 1916[2], ano da súa morte.

No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e Hermann Osthoff, Leskien foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle en particular profundos estudos sobre as linguas eslavas e bálticas[1][2]; figura entre os fundadores da revista especializada Archiv für slavische Philologie. Legou o seu nome a unha lei fonética (a chamada "lei de Leskien"), segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, resulta sempre co mesmo resultado, sen excepcións[2][3].

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • (en latín) Rationem quam I. Bekker in restituendo digammo secutus est, Leipzig, F. A. Brockhaus, 1866.
  • (en alemán) Zur neusten Geschichte der slawischen Sprachforschung, Berlín: Schade. 1868.
  • (en alemán) Handbuch der altbulgarischen (altkirchenslavischen) Sprache. Grammatik, Texte, Glossar, Weimar, H. Böhlau, 1871. Agora en Leskien, August (2002). Handbuch der altbulgarischen (altkirchenslavischen) Sprache. Grammatik, Texte, Glossar. Otto A. Rottmann. ISBN 3825314014. 
  • (en alemán) Leben und Wachstum der Sprache (con William Dwight Whitney), Leipzig: F. A. Brockhaus, 1876.
  • (en alemán) Die Declination im Slavisch-Litauischen und Germanischen, Leipzig, S. Hirzel, 1876. Agora en Leskien, August (1963). Die Declination im Slavisch-Litauischen und Germanischen. 
  • (en ruso) Grammatika staroslavjanskogo jazyka (s dopolneniempo jazyku Ostromirova Evangelija), Moscova. 1890.
  • (en alemán) Litauische, volkslieder und märchen, aus dem preussichen und dem russichen Litauen (con Karl Brugmann), Estrasburgo. K. J. Trubner. 1882.
  • (en alemán) Zur Kritik der künstlichen Weltsprachen (con Karl Brugmann), Estrasburgo: K. J. Trubner. 1907.
  • (en alemán) Litauisches Lesebuch mit Grammatik und Wörterbuch, Heidelberg: Winter. 1919.

Traducións e colaboracións[editar | editar a fonte]

  • (en alemán) Allgemeine Encyclopädie der Wissenschaften und Künste (editado por Johann Samuel Ersch e Johann Gottfried Gruber), Leipzig, F. A. Brockhaus. Volumes baixo a responsabilidade de Leskien:
    • 2: H-N. 32., K - Karabulaken (1882).
    • 2: H-N. 33., Karachitaier - Karl V. von Lothringen (1883).
    • 2: H-N. 34., Karl (Herzog von Guise) - Kauffahrer (1883).
    • 2: H-N. 35., Kaufmann - Khôrasân (1884).
    • 2: H-N. 36., Khorsabad - Klein (Julius Leopold) (1884).
    • 2: H-N. 37., Kleinasien - Kochen (1885).
    • 2: H-N. 38., Kocher - Köppen (Friedrich) (1885).
    • 2: H-N. 39., Köppen (Peter v.) - Kriegk (1886).
    • 2: H-N. 40., Kriegsakademie - Kurzsichtigkeit (1887).
    • 2: H-N. 41., Kusnezk - Landsmannschaften (1887).
    • 2: H-N. 42., Landstände - Lehrte (1888).
    • 2: H-N. 43., Leibeigenschaft - Ligatur (1889).

Misceláneas[editar | editar a fonte]

  • (en alemán) Slavische und baltische Forschungen. Sämtliche Leipziger Akademieschriften 1875-1911. Hans Holm Bielfeldt. 1975. 
  • (en alemán) August Leskiens Vorlesungen zur vergleichenden Grammatik der slawischen Sprachen. Ernst Eichler; Gerhart Schröter. 1991. ISBN 3050010649. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Einhauser, Eveline (1989) (en alemán). Die Junggrammatiker. Ein Problem für die Sprachwissenschaftsgeschitchtsschreibung. ISBN 3922031137. 
  • Villar, Francisco (1991) (en español). Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia. ISBN 8424914716. 
  • Watkins, Calvert (1995). Las lenguas indoeuropeas. Anna Giacalone Ramat, Paolo Ramat. ISBN 84-376-1348-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Escola neogramática
August Leskien | Berthold Delbrück | Hermann Paul | Hermann Osthoff | Karl Brugmann | Wilhelm Braune | Eduard Sievers