Hermann Osthoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hermann Osthoff (nado en Unna o 18 de abril de 1847 e morto en Heidelberg o 7 de maio de 1909) foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Billmerich, suburbio de Unna[1], Osthoff estudou filoloxía clásica, xermánica, sánscrito e lingüística comparada en Berlín, Tubinga e Bonn, onde en 1869 conseguiu a licenciatura. A partir de 1870 ensinou en Kassel. En 1875 obtivo a docencia na Universidade de Leipzig. En 1877 convértese en profesor extraordinario de glotoloxía e de sánscrito na Universidade de Heidelberg[1], onde se converteu en ordinario o ano seguinte.

No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e con August Leskien, Osthoff foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle a reconstrución da vibrante indoeuropea con capacidade de asumir funcións silábicas (a líquida soante *r̥)[1].

O seu nome aparece ligado a unha lei fonética que toma o nome do seu, (a chamada "lei de Osthoff"), relativa á abreviación que ocorre nalgunhas linguas (entre elas o latín e o grego) dunha vogal longa indoeuropea ante unha nasal ou líquida seguida de consoante.

Obras[editar | editar a fonte]

  • (en latín) Quaestiones mythologicae, Bonn, Caroli Georgi, 1869
  • (en alemán) Forschungen im Gebiete der indogermanischen nominalen Stammbildung, Jena, Costenoble, 1875-1876, 2 vol.
  • (en alemán) Das Verbum in der Nominalcomposition im Deutschen, Griechischen, Slavischen und Romanischen, Jena, H. Costenoble, 1878.
  • (en alemán) Morphologische Untersuchungen auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen (con Karl Brugmann), Leipzig: S. Hirzel, 1878-1910, 6 vol. Agora en: Brugmann, Karl; Hermann Osthoff (1974-1975). Morphologische Untersuchungen auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen. pp. 3 voll.. ISBN 3-487-05079-X.
  • (en alemán) Das physiologische und psychologische Moment in der sprachlichen Formenbildung, Berlín, Carl Habel, 1879
  • (en alemán) Schriftsprache und Volksmundart. Vortrag, gehalten im Museum zu Heidelberg am 14. December 1878, Berlín: Carl Habel, 1883
  • (en alemán) Zur Geschichte des Perfects im Indogermanischen mit besonderer Rucksicht auf Griechisch und Lateinisch, Estrasburgo: K. J. Trubner, 1884
  • (en alemán) Vom Suppletivwesen der indogermanischen Sprachen. Akademische Rede zur Feier des Geburtsfestes des hochstseligen Grossherzogs Karl Friedrich am 22. November 1899 bei dem Vortrag des Jahresberichts und der Verkundung der akademischen Preise gehalten, Heidelberg: J. Horning, 1899
  • (en alemán) Etymologische Parerga, Leipzig: S. Hirzel, 1901.
  • (en alemán) Osthoff, Hermann; Karl Brugmann (1992). Lieber freund... Die Briefe Hermann Osthoffs an Karl Brugmann, 1875 – 1904. Eveline Einhauser. ISBN 978-3-88476-053-6.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Einhauser, Eveline (1989) (en alemán). Die Junggrammatiker. Ein Problem fur die Sprachwissenschaftsgeschitchtsschreibung. ISBN 3-922031-13-7.
  • (en alemán) Deutsche biographische Enzyklopädie. Rudolf Vierhaus. 2007. pp. Vol. VII.. ISBN 978-3-598-25037-8.

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Escola neogramática
August Leskien | Berthold Delbrück | Hermann Paul | Hermann Osthoff | Karl Brugmann | Wilhelm Braune | Eduard Sievers