Arte rupestre de Terras de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arte rupestre de Terras de Pontevedra
Tipoarte rupestre
EnPontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Un dos petróglifos situados na Laxe da Forneiriña, Campo Lameiro.
Petróglifos de Mogor
Pedra Grande de Montecelo, Poio

O conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra é un conxunto de xacementos e vestixios de arte prehistórica situado na zona central da provincia de Pontevedra, unha zona que destaca pola elevada presenza deste tipo de artes, unha das maiores concentracións de arte rupestre de toda Europa.

O seu nome fai alusión á mancomunidade de concellos que integran os concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.[1] En todos eles atópanse numerosos vestixios neolíticos, e calcolíticos, alén doutros restos castrexos e romanos. En Terras de Pontevedra hai múltiples conxuntos de petróglifos, algúns deles, como os de Campo Lameiro, Mogor ou Poio, están declarados Ben de Interese Cultural.

Características[editar | editar a fonte]

Estes petróglifos son gravados rupestres prehistóricos que, en Galiza, conforman o denominado Grupo Galaico de Arte Rupestre e representan un fenómeno cultural singular. Aparecen principalmente nas Rías Baixas, sobre pedra granítica. Os investigadores chegaron ao consenso de que os petróglifos de Terras de Pontevedra foron realizados a finais do Neolítico, na transición entre a Idade do Cobre e a Idade do Bronce, é dicir, entre os anos 3.000 e 2.000 a. C.

Temas[editar | editar a fonte]

A temática dos gravados situados en Terras de Pontevedra é variada. [2] Pódense dividir en dous grandes grupos:

Localizacións[editar | editar a fonte]

Notas

  1. "Terras de Pontevedra: Un destino para descubrir nas Rías Baixas". Terras de Pontevedra. Consultado o 2023-08-24. 
  2. Francisco Javier Torres Goberna. "Petroglifos del Grupo Galaico de arte rupestre" (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.