Royal Navy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Armada do Reino Unido")
Bandeira da Royal Navy.

A Armada Real Britanica ou Royal Navy é o máis antigo dos corpos militares británicos. Desde aproximadamente 1805 e ata a Segunda Guerra Mundial foi a mariña maior e máis poderosa do mundo. A Navy axudou a converter ao Reino Unido na potencia dominante do século XIX, e foi esencial no mantemento do Imperio Británico. Hoxe en día, a Royal Navy é moito máis pequena, a pesar de que segue sendo a maior armada de guerra da Europa Occidental, e tecnoloxicamente, unha das máis avanzadas do mundo.

Índice

[editar] Historia

A Mariña Real Inglesa tivo historicamente un papel central na defensa e nas guerras de Inglaterra, e posteriormente, de Gran Bretaña, do Reino Unido e do Imperio Británico. Debido a que Gran Bretaña e Irlanda son illas, e que ningún punto do Reino Unido se atopa a máis de 120 quilómetros do mar, calquera potencia inimiga (ao menos antes da aviación), debía atravesar o mar para atacar as illas. A consecución da superioridade naval por calquera potencia hostil suporía un gran perigo para a nación. Máis aínda: unha armada forte era vital no mantemento da seguridade das subministracións e as comunicacións cos lugares distantes do Imperio.

[editar] Inglaterra (800-1700)

A primeira armada inglesa foi establecida no século IX por Alfredo o Grande, aínda que decontado caeu no abandono. Os reis normandos iniciaron un equivalente en 1155 coa creación da Alianza dos Cinco Portos e o establecemento do posto de Lord Warden nos Cinco Portos. Isto resultou efectivo durante os anos da dinastía Plantagenet, mais como a maioría das institucións deste tipo, caeu tamén en desuso.

A primeira reforma e a maior expansión da Royal Navy, tal como se coñece, sucedeu no século XVI, durante o reinado de Henrique VIII, cuxos barcos Henri Grâce a Deu ("Great Harry") e Mary Rose, enfrontáronse á armada francesa na Batalla de Solent, en 1545. Na época da morte de Henrique, en 1547, a súa frota contaba xa con 58 navíos.

En 1588, o Imperio Español, por aquela época a gran superpotencia naval do mundo, ameazaba Inglaterra coa invasión, e a armada española fíxose á mar para reforzar o dominio español sobre o Canal da Mancha e transportar tropas desde os Países Baixos ata Inglaterra. Porén, esta armada fracasou no seu intento, debido sobre todo ao pésimo clima que fixo estragos na mesma, e en menor medida ao fustrigamento da Royal Navy e á rebelión holandesa nos territorios lindeiros ao Canal. A perda da armada foi a primeira gran vitoria dos ingleses no mar. Inglaterra continuou atacando os portos españois e os buques que viaxaban polo Atlántico durante o reinado de Isabel I de Inglaterra.

Véxase Armada Invencible

[editar] 1692-1914

O servizo naval permanente non existiu realmente ata mediados do século XVII, cando o parlamento tomou o mando da Frota Real tras o derrocamento de Carlos I de Inglaterra na guerra civil. Esta segunda reforma da mariña foi levada a cabo por Robert Blake, durante o goberno de Oliver Cromwell. A imcorporación da Royal Navy significou unha diferenza respecto das forzas de terra, as cales procedían de moi diversas fontes, incluíndo as realistas e as forzas anti-realistas parlamentarias.

A partir de 1692, a Mariña Real Inglesa cobrou importancia ameazando a española e a francesa (segunda en importancia da época) e durante todo o século XVIII a cuestión estivo en liza, aínda que con vantaxe española. A Royal Navy sufriu só unha derrota importante a mans francesas na Batalla de Chesapeake contra Francia en 1781, e varias a mans dos españois (en 1741 no sitio de Cartaxena de Indias, e en 1790 no sitio de Tenerife, e nos dous sitios de Bos Aires, etc.)

Entre 1805 e 1940, a Royal Navy foi a armada máis potente do mundo, sen case contestación. Desde na Batalla de Trafalgar de 1805, onde bateu a unha armada combinada franco-española malia a inferioridade numérica británica, conseguindo con esta actuación o predominio marítimo para todo o século XIX. Esta última acción enmárcase dentro das Guerras Napoleónicas.

No século XIX, a Royal Navy foi crucial para permitir o mantemento do Imperio Británico. Alén de impedir o tráfico de escravos e a piratería.

A vida a bordo dos buques da Royal Navy consideraríase extremadamente dura conforme aos estándares actuais. A disciplina era severa e usábase con frecuencia o flaxelación para reforzar a obediencia. As leis permitían á mariña apresar mariñeiros para o servizo militar en tempos de guerra, medida esta moi impopular, aínda que esta práctica foi abandonada tras as Guerras Napoleónicas ao non haber necesidade de manter unha armada tan grande.

[editar] 1914-1945

Durante as dúas guerras mundiais, a Armada xogou un papel vital na protección das subministracións ao Reino Unido de comida, armas e materiais, e na derrota das campañas alemás de guerra submarina no Atlántico. Tamén foi vital gardando as liñas de tráfico marítimo que permitían a Inglaterra loitar en lugares afastados como o Norte de África, o Mediterráneo e o Extremo Oriente. A supremacía naval era vital para as operacións anfibias como as invasións do norte de África, Sicilia, Italia e Normandía.

[editar] A Guerra Fría

Tras a Segunda Guerra Mundial, o emerxente poderío dos Estados Unidos e a decadencia do Imperio Británico reduciu o papel da Royal Navy. Porén, a ameaza da Unión Soviética e os intereses británicos ao redor do mundo supuxeron un novo e importante desafío para a Navy. Nos anos 1960, a mariña recibiu a súa primeira arma nuclear, e posteriormente converteuse na única portadora da forza nuclear inglesa. Nas últimas etapas da Guerra Fría, a Navy foi reforzada con tres portaavións de guerra antisubmarina e unha forza de pequenas fragatas e destrutores, co propósito de localizar e destruír en caso necesario os submarinos sovéticos no Atlántico Norte.

[editar] Operacións recentes

A acción máis importante dos últimos tempos foi a derrota en 1982 das forzas arxentinas na Guerra das Malvinas. A pesar da perda de catro buques na guerra, a Royal Navy demostrou ser aínda quen de loitar a case 13.000 quilómetros das Illas Británicas. A guerra tamén demostrou a necesidade de máis portaavións e submarinos.

A Mariña inglesa participou tamén na Guerra do Golfo, o conflito de Kosovo, a campaña de Afganistán e a Guerra de Iraq en 2003, na que os buques da Navy bombardearon as posicións iraquís en apoio ás tropas británicas de terra.

[editar] Mariños famosos da Royal Navy

En orde cronolóxica aproximada.

[editar] A Real Frota e a Real Frota Auxiliar

[editar] Frota Royal Navy

Portaavións Lixeiros: 3.

Fragatas Tipo 22: 4.

Fragatas Tipo 23: 14.

Destrutores T42: 8.

Buque de Asalto Anfibio clase Ocean: 1.

Buque de Asalto Anfibio clase Albion: 2.

Buques Hidrograficos e oceanograficos: 6.

Patrulleiras e barcos de adestramento: 22.

Buques Contraminas: 19 (Clase Hunt e clase Sandown) Clase "Hunt".

Submarinos Clase Trafalgar (SSN): 7.

Submarinos Clase Swiftsure (SSN): 4.

Submarinos Clase Vanguard (SSBN): 4.

Frota; Real Frota Auxiliar (R.F.A).

[editar] A Futura Armada Real

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas