George Anson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Anson

George Anson, nado o 23 de abril de 1697 e finado o 6 de xuño de 1762, foi un aristócrata e almirante británico, famoso por cincunnavegar a Terra.

Familia e primeiros ascensos[editar | editar a fonte]

O pai de George foi William Anson de Shugborough en Staffordshire e a nai Isabella Carrier, cuñada de Thomas Parker, o the Lord Chanceler. George Anson entrou na armada en febreiro de 1712, e rapidamente ascendeu, era tenente en 1716, comandante en 1722 e capitán en 1724. Foi capitán do Scarborough e do Squirrel desde 1724 a 1730 e de 1733 a 1735. En 1737 obtivo o comando do Centurion, un navío de 60 canóns. En 1740 mentres comezaba a Guerra de Sucesión Austríaca comandou (co rango de comodoro) o escuadrón enviado a atacar as posesións españolas no Pacífico na coñecida como Guerra da Orella de Jenkin.

Viaxe arredor do mundo[editar | editar a fonte]

A expedición comandada por Anson non conseguiu a súa misión orixinal, o escuadrón consistía aen seis navíos de guerra, HMS Centurion (buque insignia), HMS Gloucester, HMS Severn, HMS Pearl, HMS Wager e o sloop (balandra de guerra) Tryal, máis dous cargueiros, Anna e Industry. Diversos desastres reduciron a forza a tan só o Centurion, o Pearl e o Severn, non puideron dobrar o Cabo de Hornos e volveron a Inglaterra, o Wager naufragou na costa de Chile. Cando Anson chegou ó arquipélago Juan Fernández en xuño de 1741 tan só comandaba tres navíos pero a ausencia de efectivos españois suficientes na zona permitiulle saquear a pequena cidade portuaria de Paita ( Perú) (13 e 15 de novembro de 1741). A diminución dos seus homes polo escorbuto e o cansanzo dos supervivintes (335 dos 961 iniciais) fixeron que concentrara a todos os seus homes no Centurion. Tras un descanso na illa de Tinian chegaron a Macao en novembro de 1742.

O Centurion atacando ó Nuestra Señora de Covadonga

Despois de numerosas dificultades cos chineses saiu de novo ó mar para atacar o galeón de Manila, o Nuestra Señora de Covadonga, que conseguiu conquistar, cun botín de 1.313.843 reás de a oito. Anson regresou a Macao, vendu a carga do buque español ós chineses e regresou a Inglaterra, dobrando o Cabo de Boa Esperanza o 15 de xuño de 1744.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Anson foi membro do Parlamento por Hedon de 1744 a 1747. En 1747 Anson comandou a frota que derrotou ó almirante de la Jonquière na Primeira batalla do Cabo Fisterra, capturando varios buques franceses. Anson foi promovido a vicealmirante e ennobrecido como barón Anson de Soberton. Foi Primeiro Lord do Almirantado (1757–1762).

Sete navíos de guerra levaron o seu nome, HMS Anson na súa honra, así como o condado de Anson, en Carolina do Norte e Ansonborough en Charleston, Carolina do Sur.