Come Together

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o álbum de Third Day, véxase Come Together (álbum).
«Come Together»
Canción de The Beatles
do Álbum Abbey Road
Lanzamento Reino Unido - 31 de outubro de 1969
Estados Unidos - 6 de outubro de 1969
Formato Sinxelo 7", 45 RPM
Gravada 21 a 30 de xullo de 1969 — EMI Studios, Londres
Xénero musical Rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:18
Discográfica Apple Records
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) Lennon—McCartney
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Come Together" é unha canción de The Beatles escrita principalmente por John Lennon e acreditada a Lennon/McCartney. A canción é a primeira no álbum de setembro de 1969, Abbey Road. Un mes despois tamén apareceu como un dos lados do sinxelo número vinte e un do grupo (foi un single con dúas caras, a outra ocupábaa "Something" de George Harrison) no Reino Unido, e o seu número vinte e seis nos Estados Unidos. A canción alcanzou o número 1 das listas nos Estados Unidos, mentres que se converteu nun éxito Top 10 no Reino Unido.

Orixe[editar | editar a fonte]

Lennon orixinalmente escribiu a canción pola infrutuosa campaña gobernamental de Timothy Leary en California en contra de Ronald Reagan, unha que acabou abruptamente cando Leary foi enviado a prisión por posesión de marihuana.

Demanda[editar | editar a fonte]

"Come Together" foi punto dunha demanda en 1973 en contra de Lennon pola editora musical de Chuck Berry, propiedade de Morris Levy, porque unha liña en "Come Together" ten parecidos cunha liña de "You Can't Catch Me" de Chuck Berry: (esta é, "Here come ol' flattop, he come groovin' up slowly" na canción de The Beatles' vs. "Here come up flattop, he was groovin' up with me" na canción de Chuck Berry) Despois de solucionalo na corte, Lennon prometeu gravar outras cancións pertencentes a Levy, as cales foron lanzadas no seu álbum de 1975, Rock 'n' Roll.[1]

Gravación[editar | editar a fonte]

Lennon tocou a guitarra rítmica ademais de vocalizar a canción. McCartney tocou o baixo, George Harrison a guitarra líder, e Ringo Starr a batería e as maracas. Foi producida por George Martin e gravada a finais de xullo de 1969 nos estudios Abbey Road. Lennon pronuncia "Shoot me" ("dispárame"), acompañado das súas palmas e do riff de baixo de Paul. Aínda que Paul fixo o arranxo de teclado, foi John quen o tocou na gravación. Tamén John se ocupou das harmonías vocais, o que denota o feito de que xa non traballaban como grupo a diferenza dos inicios.

A famosa "morsa" dos Beatles de "I Am the Walrus" e "Glass Onion" regresa na liña "He got walrus gumboot".

Lanzamento e aclamación[editar | editar a fonte]

"Come Together" foi lanzada como un dobre cara A con "Something" e como primeira canción do álbum Abbey Road.

Por un tempo, a canción foi censurada pola BBC, coa crenza que a liña "he shoot Coca-Cola" podía ser vista como unha referencia á cocaína.

Rolling Stone posicionou a "Come Together" no número 202 na súa Lista das 500 mellores cancións de todos os tempos.[2]

No álbum recompilatorio Love, "Come Together" é a canción número 19. Pódense escoitar nela seccións de "Dear Prudence" e "Cry Baby Cry" ao final da canción.

Outras versións[editar | editar a fonte]

Entre os músicos que fixeron versións de "Come Together" atópanse:

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Ano País Lista Canción Posición
[3][4][5]
Semanas Nº 1 Semanas en lista
1969 Reino Unido Reino Unido Record Retailer «Something»/«Come Together» 4 12
New Musical Express «Something»/«Come Together» 5
Melody Maker «Something»/«Come Together» 4 10
Estados Unidos de América Estados Unidos Billboard Hot 100 * «Come Together» 2 6
«Come Together»/«Something» 1 1 10
Record World «Come Together»/«Something» 1 5
Cash Box «Come Together» 1 3

(*) «Come Together» pasou un total de 16 semanas no Billboard Hot 100, dez delas conxuntamente con «Something»

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wenner, Jann S (2000). Verso, ed. Lennon Remembers (Full interview from Lennon's 1970 interview in Rolling Stone magazine). London. pp. 90. ISBN 1-85984-600-9. 
  2. "The Rolling Stone 500 Greatest Songs of All Time". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2006. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  3. Cross, Craig (2010). beatles-discography.com, ed. "Beatles-discography.com" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  4. "Allmusic". Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  5. "Charts". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harry, Bill (2000). Virgin, ed. The Beatles — Encyclopedia. Revised and updated. Londres. p. 1198. ISBN 0 7535 0481 2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]