Franz Ferdinand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Ferdinand (Logo).png
Ffmadrid.JPG
Franz Ferdinand en concerto
Orixe Glasgow, Escocia Flag of Scotland.svg
Período 2001 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, indie rock, art rock
Selo(s) discográfico(s) Domino Records, Sony BMG/Epic
Membros Nick McCarthy
Paul Thomson
Robert Hardy
Alex Kapranos
Na rede
franzferdinand.co.uk

Franz Ferdinand é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Glasgow no ano 2001. O seu nome provén do arquiduque austríaco Franz Ferdinand, cuxo asasinato provocou a Primeira Guerra Mundial.

Biografía[editar | editar a fonte]

A finais de 2001, o cantante e guitarrista Alex Kapranos e o baixista Robert Hardy comezaron a tocar xuntos en Glasgow. Despois de coñecer a Nicholas McCarthy nunha festa, eles comezaron a ensaiar xuntos na casa deste. McCarthy tiña unha formación clásica de piano e de contrabaixo, pero inicialmente ocupou o posto de batería da banda. O trío entón coñeceu a Paul Thomson, o cal tocara a batería en Yummy Fur. Thomson orixinalmete guitarrista, xa que quería probar con outro instrumento, pero, unha vez que Nicholas comezou a tocar a batería, déronse conta de que non sabía facelo, polo cal Thomson colleu as baquetas e Nicholas pasou a ser a guitarra solista.

A banda comezou a tocar nunha casa abandonada das aforas de Glasgow chamada The Château. Alí facían concertos mesturando música e arte, xa que Hardy estudaba pintura na Glasgow School of Art nesa época. Cando a policía lles prohibíu seguir facendo estes eventos eles atoparon unha casa vitoriana abandonada para seguir tocando.

A banda gravou un EP coa intención de editalo eles mesmos, pero a súa reputación estaba medrando rapidamente e Domino Records ofreceulles un contrato para editar o EP Darts of Pleasure a finais do 2003. A banda fixo medrar a súa reputación tocando con Hot Hot Heat e Interpol, así como gañando o premio "Phillip Hall Radar Award" da revista NME en 2004. Epic Records asinou un contrato coa banda en 2004 para os Estados Unidos, aínda que o selo principal para o resto do mundo é Domino.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]