Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Edward Yorke, nado en Wellingborough (Northamptonshire) o o 7 de outubro de 1968, é un músico inglés coñecido por ser o vocalista e principal compositor da banda de rock alternativo Radiohead. Toca principalmente a guitarra e o piano, pero tamén ten interpretado a batería e o baixo (principalmente nas sesións dos álbums Kid A e Amnesiac). En xullo do 2006 editou o seu álbum de estrea en solitario, The Eraser.
Yorke ten sido citado como unha das figuras máis influentes da industria musical. No ano 2002 a revista Q Magazine nomeouno o músico británico máis intenso, e no 2005 Radiohead quedou no posto 73 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores artistas de todos os tempos. Yorke tamén foi citado entre os mellores vocalistas da historia da música popular. Nunha enquisa do ano 2005 feita pola revista Blender e a canle MTV2, Yorke foi votado o 18º mellor cantante de todos os tempos, e no 2008 foi posto no número 66 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores vocalistas de todos os tempos.
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Recompilatorios |
|
|