Folletín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Procedente do francés feuilleton, recóllense baixo esta denominación aquelas novelas por entregas que se ían presentando con certa periodicidade (normalmente a diario) nos xornais. O primeiro exemplo actual que cumpre con tódalas características do folletín é a obra de Tucho Calvo O xabaril branco, publicada pola Voz de Galicia durante o mes de agosto de 2002.