Alfredo García Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo García Ramos, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) o 7 de febreiro de 1877 e finado en Caldas de Reis o 21 de agosto de 1934, foi un xornalista, escritor e xurista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na II Republica José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 preséntase ás eleccións ás Cortes da Segunda República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Gran amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso. Tamén foi responsable da publicación da colección de contos La corredora y la Ruia.

[editar] Obras

  • Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas de Galicia (1909)
  • Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega (1912)
  • El regionalismo gallego en su aspecto confesional, monárquico y unitario (1918)

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Lago García, Xosé (1991), O pensamento de Alfredo García Ramos, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0188-8.
  • Cardesín Díaz, José María (1993), Entre el regionalismo jurídico y el catolicismo social: el Derecho Consuetudinario en Alfredo García Ramos (1908-1910) en Galícia e a Historiografía p. 211-242, Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. ISBN 84-8672895-9.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas