Partido Agrario Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Agrario Español (PAE) foi un partido político español da Segunda República Española.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado en 1931 por José Martínez de Velasco co nome de Partido Agrario, mudou o seu nome en 1934 polo de Partido Agrario Español. Ideoloxicamente da dereita posibilista, representaba os intereses da gran burguesía terratenente española e dos pequenos e medianos propietarios casteláns. Oposto á reforma agraria do ministro Marcelino Domingo (Partido Radical-Socialista) participou nos gobernos radical-cedistas da Segunda República, que duraron dous anos, ocupando a carteira de agricultura Nicasio Velayos.

Integrou un gran número de representantes da vella clase política característica da monarquía de Afonso XIII que iniciara en 1886 Antonio Cánovas del Castillo coa Constitución de 1876, en vigor desde ese ano até 1923 e de 1930 até 1931.

Presencia en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia apenas tivo influencia fóra da Coruña e Pontevedra. Especialmente nesta cidade contaba coas figuras de Prudencio Landín Tobío, avogado agrarista de longa tradición que servira ao Directorio Antiforista de Teis e Isidro Buceta. En 1935 o PAE comezou unha campaña de expansión en Galicia, establecendo agrupacións locais nos concellos rurais pero na súa maioría non pasaron de xuntanzas de notables. Grazas ás coalicións electorais o PAE conseguiu tres deputados en 1933 e dous en 1936 (Antonio Taboada Tundidor).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]