HMS Marlborough (1912)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMS Marlborough
HMS Marlborough (1912).jpg
O HMS Marlborough
Historial Naval Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Devonport Dockyard
Posta en grella 25 de xaneiro de 1912
Botado 24 de outubro de 1912
Asignado xuño de 1914
Baixa 1932
Destino vendido para o desguace o 27 de xuño de 1932
Características xerais
Eslora 189,8 m
Manga 27,4 m
Calado 10 m

O HMS Marlborough foi un acoirazado da clase Iron Duke da Royal Navy en servizo de 1912 a 1932.

A orde da súa construción data de 1911. O seu nome recibiuno en honra de Johan Churchill (1º duque de Marlborough), quen xa dera nome a outros cinco navíos militares británicos. Construíuse nos estaleiros de Devonport, a súa botadura foi o 24 de outubro de 1912. Durante a Primeira Guerra Mundial participou na batalla de Xutlandia do 31 de maio de 1916 e foi alcanzado por un torpedo, o cal ocasionou dous mortos e dous feridos na tripulación.

En 1919 recibiu orde de rescatar á emperatriz rusa, Dagmar de Dinamarca, e a outros membros da familia imperial rusa supervivintes refuxiados en Crimea.