Hadrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Adrián")

Hadrián é un antropónimo galego masculino. Variedades recoñecidas do nome son Hadriano, Hadrán e Hadrao e (ou Adrián, Adriano, Adrán ou Adrao se non conservan o H orixinario). As variantes rematadas en -ano e con -i- son máis cultas, mentres que as variantes sen -i- son máis coloquiais e evolucionadas. A forma feminina é Hadriana ou Adriana. Procede do latín Hadrianus, sobrenome da estirpe romana do emperador Hadriano[1], derivado á súa vez do topónimo Adria[2] ou de Atri ou Hatria[3] que á súa vez podería ter a súa orixe no etrusco. Adrián foi o antropónimo máis usado para nomear os bebés na derradeira década do século XX.

Outras linguas[editar | editar a fonte]

As variantes gráficas para escribir as versións deste nome noutras linguas son as seguintes[4]:

  • alemán: Adrian, Adria, Adriaan, Adrijan, Adriaen, Adrián, Adriano, Adrien, Andrigan, Arian, Hadrian, Jadran
  • catalán: Adrià
  • castelán: Adrián, Adriano (papas e emperador)
  • checo: Hadrián, Adrián
  • francés: Adrien (papas), Hadrian (emperador), ás veces mesmo Arien, Adryen, Adrian, Hadrien
  • inglés: Adrian, Adrien, Hadrian (papas e emperador), Ade [ás veces úsase a grafía francesa Adrien (como en Adrien Brody), pero en todo caso sempre se pronuncia con ditongo inicial]
  • italiano: Adriano, Adreano, Adrio
  • neerlandés: Adriaan, Adriaen, Adrianus, Aad, Aarjen, Aat, Ad, Adri, Adrie, Aerjen, Arian, Ari, Ariaan, Arie, Arius, Arjan, Arjen, Erjen, Hadriaan, Hadrianus, Janus, Jari
  • polaco: Adrian
  • portugués: Adriano, Adrião
  • romanés: Adrian, Adi

Personaxes[editar | editar a fonte]

Relixión[editar | editar a fonte]

Aristocracia[editar | editar a fonte]

  • Hadriano: tamén coñecido coma "Publio Elio Hadriano"; emperador de Roma dende 117 ó 138.

Outros[editar | editar a fonte]

Hadrián na cultura galega[editar | editar a fonte]

Na toponimia[editar | editar a fonte]

Parroquias coa advocación de Santo Adrián en Galicia
Parroquias coa advocación de Santo Adrán en Galicia
Parroquias coa advocación de Santo Adrao en Galicia
Distribución conxunta das parroquias coa advocación de Hadrián en tódalas súas variantes gráficas

Segundo o nomenclátor de Galicia oficial da Xunta, en Galiza hai 15 parroquias consagradas a este santo, aínda que ningunha delas escrita con hache:

Tamén existen os lugares de Santo Adrián (A Pobra do Brollón e O Saviñao), Santo Adrián de Castro (Zas), Adrán (A Laracha, Ordes e Teo), Santadrao (Castroverde, A Pastoriza e Riotorto), Santo Adrao (Vilalba), Santadriao (Pantón) e Santradán (Cobres, Vilaboa). Ademais están o monte de San Adrián (na Pobra do Brollón, de 399 m) e o cabo de Santo Adrián (na costa da Morte).

Na literatura[editar | editar a fonte]

Na literatura galega cómpre destacar o influxo deste antropónimo en Otero Pedrayo. Nado un 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os Camiños da Vida). Outros personaxes literarios deste nome son Adrián Novoa (Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz) e Adrián Seivane (Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras).

Na cultura tradicional[editar | editar a fonte]

Na cultura popular galega hai unha lenda, un refrán e unha cantiga vencellados a Santo Hadrián. A lenda di como segue:

En Corme existe a Pedra da Serpe, que conserva a figura dunha serpe alada. A súa autoría é discutida, pero asóciase aos cultos precristianos ás serpes, relacionado coa chegada dos celtas, que tiñan como símbolo heráldico a serpe. Segundo a lenda, cando San Hadrián andaba predicando pola zona, esta era inhabitable debido a unha praga de serpes. Porén, o santo golpeou o chan co pé e todas foron refuxiarse baixo a pedra, quedando unha delas petrificada en sinal deste feito. Como símbolo da cristianización deste lugar púxoselle unha cruz enriba.

O refrán é: Día de san Adrián, sécalle a primeira raíz ó pan.

A cantiga, con dúas variantes, é:

  • Meu siñor San Adrián/é un santo milagroso/pedínlle un mozo bonito/doume un barbas de raposo.
  • Meu señor San Adrián/é un santo moi milagreiro/pedinlle un home bonito/doume un cara de carneiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo, 1992, páxina 102
  2. Información etimolóxica na wikipedia italiana ("con riferimento alle odierne e antiche città [...] di Adria") e inglesa ("from Adria")
  3. Información etimolóxica na wikipedia italiana ("abitante o proveniente da Hatria, [...] con riferimento alle odierne e antiche città di Atri")
  4. Datos recollidos das wikipedias en lingua portuguesa, castelá, inglesa, francesa, italiana, neerlandesa, polaca, catalana e checa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]