Antonio Piñeiro Feijoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Piñeiro Feijoo
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , funcionario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Antonio Piñeiro Feijoo, nado en Celanova o 21 de decembro de 1959, é un funcionario, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou para enxeñeiro industrial, primeiro na Universidade Laboral de Xixón e logo na Universidade de Vigo (daquela aínda pertencente á Universidade de Santiago), se ben non se chegou a diplomar. En 1987 entrou a traballar como funcionario no concello de Celanova, onde permaneceu o resto da súa vida laboral, e onde ocupou diversos postos en asuntos culturais e de comunicación.[1]

Promotor de diversas actividades culturais na Terra de Celanova, foi secretario da Fundación Curros Enríquez e do Seminario de Estudios Celanovenses.

Como xornalista foi delegado na súa comarca do xornal La Región nas décadas de 1980 e 1990, onde adoito escribiu con regularidade columnas de opinión. Esas colaboracións estendéronse tamén ao longo das décadas posteriores. Tamén colaborou noutros medios locais e con revistas culturais, como Auria e Raigame, onde publicou artigos de etnografía e historia local.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 140 anos da Historia da Banda de música municipal de Celanova.
  • Pepe Velo, pensador, soñador e mestre revolucionario (Xerais, 2000)
  • Celanova. Monasterio de San Salvador (Edilesa, 2007, a canda Miguel Ángel González García).
  • Xosé Velo Mosquera. Poeta e soñador, político e pensador, revolucionario e mestre (Ir Indo, 2008).
  • Anónimos (Duen de Bux), publicación que recolle medio cento de relatos curtos elaborados a partir de fotografías de Xosé Vázquez Arias, o Rizo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Piñeiro Feijoo". Galegos. Consultado o 2023-09-17.