Acacia do Senegal
| Acacia do Senegal | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Acacia nilotica | ||||||||||||
A acacia do Senegal (Acacia nilotica) é unha especie de acacia nativa de África e do subcontinente indio. Actualmente tamén hai unha especie invasiva de presenza significativa en Australia.
Índice |
[editar] Sinónimos
- Acacia arabica - Willd
- Acacia abyssinica - Willd
- Acacia glaucophylla - Willd
- Acacia gummifera -Willd
- Acacia scorpioides - W.Wight
- Acacia senegal - Willd
- Acacia vera - Willd
- Acacia verek - Guill
- Mimosa arabica (Lam)
- Mimosa nilotica (L)
- Mimosa scorpioides (L)
[editar] Hábitat
é un arbusto ou pequena árbore natural de zonas tropicales de Africa ao subcontinente indio. Medra dende Exipto a Mozambique e tamén se atopa en Zanzibar, India e Arabia, medrando preferentemente en terreos secos, areosos e deserticos nos que predomina un clima seco.
[editar] Características
Moi apreciado pola exudación gomosa das suas pólas, que se produce na parte interna do cortizo, obténdose a goma arábiga. É unha pequena árbore cunha copa densa e esférica, que acada os 5-8 metros de altura. O tallo e as polas co cortizo gretado que exuda resina gomosa. As follas son bipinnadas, con 3-6 pares de pínnulas e con foliolos agrupados apareados de oito ou dez en cada unha. As espiñas punxentes aparecen de catro en catro. As flores moi numerosas son de color amarela, pedunculadas en cabezas globulares de 1'5 cm.
[editar] Propiedades
- A cortiza é astrinxente, usada contra a diarrea, disentería, lepra e en cataplasma sobre úlceras.
- No oeste de Africa emprégase (a goma e a cortiza) contra o cancro e tumores.
- A savia, a cortiza, a vaiña e as follas mastícanse no Senegal para combater o escorbuto.
- A goma (ademais de para pegamento) emprégase para aliviar mucosas inflamadas.
- Polo seu baixo contido en fécula recoméndase para casos de diabetes.