Mimosa
| Mimosa | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Póla en flor de mimosa. |
|||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Acacia dealbata'' Link, 1822 |
|||||||||||||||||||
A mimosa ou acacia de Australia (Acacia dealbata) é unha árbore de entre 10-12 metros de altura, perenne, usada en xardinaría como ornamental, de crecemento rápido se ben é raro que exceden dos 30 anos de idade.
En Santaia (lugar da parroquia de Gorgullos, Tordoia) recolleuse a forma limosa [1]. Igualmente, Constantíno García e Rivas Quintas recolleron a denominación de mimoseira para a árbore, en contraposición a mimosa para a flor.
Índice |
Características [editar]
Posúe unha cortiza agrisada ou branca, moi ramificada. Ramas angulosas, pubescentes. Follas bipinnadas de 8-20, cada unha delas con 25-40 pares de folíolos, coa cara superior glabro (sen pelos) e o envés tomentoso. Inflorescencias en glomerúlo globoso con máis de 25 flores, de moito arrecendo. Pedúnculos pubescentes. Florece de xaneiro a marzo. Multiplícase por sementes.
Procedencia [editar]
A meirande parte das especies son orixinarias de Australia e Tasmania, localizándose en zonas de até mil metros sobre o nivel do mar.
Usos [editar]
Plántase en parques, rúas e paseos, aínda que o uso máis estendido é a xardinaría, pola cor das súas flores e o número delas, ofrecendo conxuntos de gran beleza. Cultívase como fixador de terreos e pola goma que se obtén do seu tronco de alto contido en taninos.
Encontráronse sarcófagos exipcios da súa madeira, seguramente debido á resistencia á putrefacción desta.
Algunhas das variedades máis cultivadas :
- Acacia armata, utilizada para sebes, folíolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 metros.
- Acacia baileya, de crecemento rápido, aínda que de vida curta. Ramas colgantes, inflorescencias en acios. Non máis de 6 metros.
- Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulada.
- Acacia lonxifolia, de crecemento rápido, até 7 metros, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos.
- Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos.
- Acacia verticillata, arbusto denso, até 6 metros, con filodios punzantes, en verticilos.
Denominacións noutras linguas [editar]
- Catalán: mimosa.
- Español: mimosa, acacia francesa.
- Éuscaro: mimosa.
- Portugués: acácia-mimosa, acácia-dealbada, mimosa.
Notas [editar]
- ↑ GARCÍA, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Anexo 27 de Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Secretariado de Publicacións da Universidade, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 1985.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
Andrés Ceballos Jiménez (1986): Diccionario ilustrado de los nombres vernáculos de las plantas en España. ICONA.