Belle Époque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Belle Époque é unha película de cine española dirixida por Fernando Trueba no ano 1992. É a segunda película española galardoada co Oscar á mellor película de fala non inglesa e 9 Premios "Goya" da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, sendo unha das películas máis premiada.

Trátase dunha cinta coral, enxeñosa e enmarcada nunha época que, pese ó título da película, non está encadrada nos anos 20, senón nos días previos e posteriores á proclamación da Segunda República Española. Penélope Cruz, Ariadna Gil, Gabino Diego, Agustín González, Maribel Verdú, Chus Lampreave ou Fernando Fernán Gómez son algúns dos protagonistas.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A película transcorre nunha pequena localidade castelá durante o inverno de 1931, en vésperas de que sexa declarada a II República e de que o rei Afonso XIII abandonase o país (a monarquía non se restaura ata 1975 co actual rei Juan Carlos I, neto de Afonso XIII).

Durante os últimos meses da monarquía, logo da rebelión fracasada do cuartel de Jaca, o novo soldado Fernando deserta do exército. Na súa fuxida é acollido por Manolo, un artista que vive illado da realidade que golpea España e que lle ofrece a súa axuda, a súa casa e a súa amizade. A chegada das catro preciosas fillas do artista fará que o novo desertor se embarque nunha aventura na que namora a unha irmá tras outra. É unha comedia romántica que salienta a liberdade da mocidade e insire un paréntese nos graves acontecementos que marcaron o destino do país.

Ficha artística[editar | editar a fonte]

Datos técnicos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

LXVI edición dos Premios Oscar, 21 de marzo de 1994[editar | editar a fonte]

Categoría Resultado
Oscar á mellor película de fala non inglesa Gañadora

VII edición dos Premios Goya, 14 de marzo de 1993[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Belle Époque Gañadora
Mellor director Fernando Trueba Gañador
Mellor actor Jorge Sanz Candidato
Mellor actriz Ariadna Gil Gañadora
Mellor actor de reparto Fernando Fernán Gómez Gañador
Mellor actor de reparto Gabino Diego Candidato
Mellor actriz de reparto Chus Lampreave Gañadora
Mellor actriz de reparto Mary Carmen Ramírez Candidata
Mellor guión orixinal Rafael Azcona
José L. García Sánchez
Fernando Trueba
Gañadores
Mellor fotografía José Luís Alcaine Gañador
Mellor montaxe Carmen Frías Gañadora
Mellor dirección artística Juan Botella Gañador
Mellor son Georges Prat
Afonso Piñeiro
Candidatos
Mellor música orixinal Antoine Duhamel Candidato
Mellor dirección de produción Cristina Huete Candidata
Mellor vestiario Lala Huete Candidata
Mellor maquillaxe e perruquería Ana Lorena
Ana Ferreira
Candidatas

Premios da Unión de Actores 1993[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor interpretación secundaria de cine Penélope Cruz Gañadora
Mellor interpretación secundaria de cine Gabino Diego Nominado

Outros[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]