Camilo Seira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo Seira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Camilo Rodríguez Vidal Editar o valor em Wikidata
8 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Seira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCamilo Seira Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Facultade de Belas Artes de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , pintor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFernando García Blanco Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Dialnet: 5585059

Camilo Rodríguez Vidal, coñecido no eido da arte como Camilo Seira,[1] nado o 8 de decembro de 1974 en Seira (Rois),[2] é un escultor, entallador e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1993 e 1994 empezou como aprendiz e axudante no taller do escultor compostelán Fernando García Blanco, discípulo de Francisco Asorey.[3]

Graduouse en Artes Aplicadas, na especialidade de Técnicas de Volume, na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela.[4] Licenciouse en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Entre os anos 2004 e 2006 exerceu como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio.[5]

Ten paixón e unha especial sensibilidade pola natureza e os animais, este sentimento aparece plasmado de forma patente na súa obra.[1][3][6][7]

Ten diversos monumentos distribuídos por Galicia.[6]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O grupo de música tradicional galega Aquí e Alá dedicoulle a canción A festa do burato, incluída no seu álbum "Imos á romaría".[8]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Breve biografía do escultor". no blog de Camilo Seira (en castelán). Consultado o 01-01-2022. 
  2. Calveiro, Patricia (03-11-2021). "Unha homenaxe á Feira do San Martiño de catro toneladas en Teo". La Voz de Galicia. Consultado o 01-01-2022. 
  3. 3,0 3,1 "Camilo Seira expone en Madrid sus últimas creaciones". El Correo Gallego (en castelán). 07-04-2010. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 01-01-2022. 
  4. Logo chamada Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
  5. "Camilo Seira convierte en arte la sangre del cerdo". El Correo Gallego (en castelán). 30-10-2019. Consultado o 01-01-2022. 
  6. 6,0 6,1 Puga, Natalia (12-05-2013). "Esculturas realizadas con bosta de vaca". El Mundo (en castelán). Consultado o 01-01-2022. 
  7. "Camilo Seira: "O primitivismo permíteme expresarme directamente e sen cortapisas"". CRTVG. 19-06-2023. Consultado o 10-12-2022. 
  8. "Festa do burato". Aquí e Alá. 2023. Consultado o 19-11-2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]