Tres
Aparencia
3 | |||||
Cardinal | Tres | ||||
Ordinal | Terceiro | ||||
Propiedades matemáticas | |||||
Factorización | 3 | ||||
Función totiente | φ(3) = 2 | ||||
Número de divisores | τ(3) = 2 | ||||
Suma dos divisores | σ(3) = 4 | ||||
Conta de primos | π(3) = 2 | ||||
Función de Möbius | μ(3) = -1 | ||||
Función de Mertens | ‘‘M’‘(3) = -1 | ||||
Outros sistemas de numeración | |||||
Sistema binario |
11 | ||||
Sistema octal | 3 | ||||
Sistema duodecimal | 3 | ||||
Sistema hexadecimal | 3 | ||||
Numeración romana | III | ||||
Numeración exipcia |
| ||||
Numeración grega | III | ||||
Numeración xónica | γ´ | ||||
Numeración chinesa | 三 | ||||
Numeración hebraica | 'ג | ||||
Numeración armenia | Գ | ||||
Numeración Āryabhaṭa | ग | ||||
Numeración maia | |||||
Lista de números | |||||
O tres (3) é o número natural que segue ao dous e precede ao catro.
O 3 é o segundo número primo e o primeiro número primo impar. Ademais, é o primeiro número primo de Fermat (n = 0). É o segundo número primo de Sophie Germain.
- O 3 tamén é o segundo número triangular, despois do 1 e antes do 6.
- O 3 é o cuarto termo da serie de Fibonacci, despois do 2 e antes do 5.
- O polígono de 3 lados recibe o nome de triángulo.
- Se se multiplica un número por tres obtense o triplo dese número; mentres que se se divide por tres obtense un terzo. O cubo dun número (o devandito número multiplicado 3 veces por si mesmo) represéntase co 3 como expoñente, como en n3.
- Un número natural é divisible entre 3 se a suma dos seus díxitos é divisible entre 3. Por exemplo, o número 21 é divisible entre 3 e a suma dos seus díxitos é 2+1 = 3. Este proceso pode repetirse cantas veces sexa necesario (exemplo: 16 893 702 suma 36, 3+6 = 9, que é claramente divisible entre 3). Debido a isto, a reversión de calquera número que é divisible entre tres (ou na súa falta, calquera permutación nos seus díxitos) é tamén divisible entre 3. Así, 1368 e o seu reverso 8631 son ambos os dous divisibles entre 3 (1+3+6+8 = 18), así como os 1386, 3168, 3186, 3618 etc.
- En moitas culturas o 3 represéntase mediante tres puntos, como no caso da numeración maia, ou mediante tres trazos (horizontais ou verticais). Por exemplo, na numeración romana (III) e na numeración chinesa (三).
- Tres son os ideais da Revolución Francesa, Liberdade, Igualdade e Fraternidade
- Existen famosas triloxías literarias, entre elas as de Paul Auster e William Burroughs. O señor dos aneis foi publicada como triloxía aínda que non era esa a intención do seu autor.
- Son triloxías famosas no cine Back to the Future e O Padriño.
- En Vietnam crese que dan mala sorte as fotografías de tres persoas.
- Os Nazis chamaron Terceiro Reich a Alemaña, pretendendo que os dous primeiros foran o Imperio Romano e o Imperio de Prusia.
- Os tsares chamaron a Moscova a terceira Roma, seguindo a Constantinopla.
- Son necesarios e suficientes 3 puntos para determinar unha superficie plana.
- 3 son as cores primarias: amarela, vermella e azul.
- Existen varios prefixos que significan tres e participan na construción dunha gran cantidade de palabras de uso cotián: ter e tri, como en terna e trindade.
- Na cultura medieval cristiá é un número perfecto. Simboliza o movemento continuo e a perfección do acabado, así como símbolo da Trindade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tres |