O adolescente Marty McFly é amigo de Emmett "Doc" Brown, un científico ó que todos en Hill Valley toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar no tempo montándoa nun DeLorean, un erro fortuíto fai que Marty chegue ao 5 de novembro de 1955, data na que os seus futuros pais aínda non se coñeceron. Despois de impedir o seu primeiro encontro, deberá conseguir que se coñezan e que casen; do contrario, a súa existencia non sería posíbel.