Xoán González-Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán González-Millán
Nacemento1951
Lugar de nacementoO Grove
Falecemento23 de novembro de 2002
Lugar de falecementoNova York
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Pontificia Comillas
Ocupaciónescritor
Na rede
Dialnet: 23384
editar datos en Wikidata ]

Xoán González Millán, nado no Grove en 1951 e finado en Nova York o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York[1], cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de Estudos Galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos de América.

Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Editorial Galaxia.
  • Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Galaxia.
  • Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Xerais.
  • Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Xerais.
  • Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas.
  • A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Xerais.
  • Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco Edicións.
  • O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Xerais.
Obras colectivas

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio

Obra en francés[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 2004 nomeárono fillo predilecto do Grove a título póstumo.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Caneda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Newsletter of the Graduate Center, CUNY,". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 12 abril 2018.  Arquivado 24 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
  2. "O Grove homenajea este viernes al profesor González Millán". La Voz de Galicia. 23 de marzo 2004. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]