Xenopus tropicalis
Xenopus tropicalis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Xenopus tropicalis' | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Xenopus tropicalis é unha especie de anfibio da familia Pipidae.[2] É a única especie do xénero Xenopus que ten un xenoma diploide.[3][4] O seu xenoma foi secuenciado,[5][6] o que o converteu nun importante organismo modelo para estudos xenéticos, que complementa os xa feitos na especie emparentada Xenopus laevis,[7] tradicionalmente moi utilizada como organismo modelo vertebrado en bioloxía do desenvolvemento. X. tropicalis ten tamén varias vantaxes sobre X. laevis para a investigación, como un tempo de xeración moito máis curto (<5 meses), un menor tamaño (ten unha lonxitude de 4 a 6 cm), e pon un maior número de ovos durante o desove.[8]
É unha especie acuática que se encontra nas selvas de África occidental desde Senegal a Camerún e polo leste ata a República Democrática do Congo. Considérase xeralmente unha especie que habita bosques húmidos e vive en correntes de auga lentas, pero tamén se atopa en lagoas e pozas temporais nas sabanas do norte de Guinea e o Sudán.[9]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha especie de medio tamaño cun corpo aplanado e unha lonxitude do extremo da cabeza á cloaca de 28 a 55 mm, e as femias son meirandes que os machos. Os ollos sobresaen bastante do corpo e están situados no alto da cabeza e teñen un curto tentáculo xusto detrás de cada ollo. Presentan unha ringleira de tubérculos dérmicos non pigmentados que discorren ao longo dos flancos desde detrás dos ollos, e que se cre representan o órgano da liña lateral. As patas son curtas e gordechas, e os seus pés traseiros presentan membrana interdixital completa e teñen uñas córneas. A pel é finalmente granular. A superficie dorsal varía de marrón escura a clara e ten pequenas manchas grises e negras. A superficie ventral é branca clara ou amarelada con algunhas manchiñas escuras.[9]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Encóntrase en África tropical occidental en Benín, Burkina Faso, Camerún, Costa do Marfil, Guinea Ecuatorial, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Liberia, Nixeria, o Senegal, Serra Leoa, Togo, e posiblemente Malí. Hai tamén informes da súa presenza en Angola e o Sudán. En xeral, nas zonas ao leste considérase que é substituído pola especie Xenopus epitropicalis. Os seus hábitats naturais son os bosques de terras baixas húmidos tropicais e subtropicais, sabanas húmidas, ríos permanentes ou intermitentes, pantanos, lagos de auga doce permanentes ou intermitentes, zonas húmidas de auga doce permanentes ou intermitentes, xardíns rurais, bosques moi degradados, áreas de almacenamento de auga, lagoas, estanques de acuicultura, e canais e regos.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Na estación seca este anfibio vive en regatos pouco profundos e agóchase baixo as raíces das árbores, baixo pedras planas, ou en buratos na ribeira dos ríos. Aliméntase principalmente de miñocas de terra, larvas de insectos e cágados. Cando empeza a estación chuviosa migra a través do chan do bosque pola noite para atopar algunha lagoa temporal. O desove pode ter lugar en grandes lagoas con moita vexetación, pero os cágados poden atoparse tamén ás veces en lagoas lamacentas sen vexetación. Cada ovo pode ser adherido a plantas ou pode flotar. Os cágados teñen bocas moi grandes sen mandíbulas (son filtradores), pero con longos tentáculos no beizo superior. As aletas ventrais das colas son máis amplas do que as dorsais. A cor do seu corpo é xeralmente laranxa e a cola é transparente pero nos hábitats máis escuros pode ser dun ton tirando a negro. Os cágados aliméntanse por filtración do zooplancto da auga. En corpos de auga grandes, poden formar densos grupos. A metamorfose ten lugar cando os cágados miden arredor de 5 cm de lonxitude.[9]
Status
[editar | editar a fonte]Nas listas da IUCN está especie ten un status de "Pouco preocupante", porque ten unha ampla distribución, é moi adaptable e pode vivir nunha gama ampla de hábitats, e as súas poboacións son estables.[1]
Uso como sistema modelo xenético
[editar | editar a fonte]Os embrións e ovos de Xenopus son un sistema moi utilizdo para facer estudos de investigación biomédica,[3][10] porque son moi manexables nos experimentos e ten unha maior relación evolutiva cos humanos que outras especies modelo.[10]
A diferenza da súa especie relacionada X. laevis, que é tetraploide, X. tropicalis é diploide e ten un curto tempo de xeración, o que facilita os estudos.[3] The complete genome of X. tropicalis has been sequenced [5]
Base de datos de organismo modelo para Xenopus
[editar | editar a fonte]Xenbase é a base de datos de organismo modelo tanto para Xenopus laevis coma para Xenopus tropicalis.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Richard Tinsley, Mark-Oliver Rödel, John Measey (2004). "Xenopus tropicalis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2013-12-06.
- ↑ Frost, Darrel R. (2014). "Xenopus tropicalis (Gray, 1864)". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. American Museum of Natural History. Consultado o 3 March 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Harland, R. M. and Grainger, R. M. 2011. Trends in Genetics vol. 27, p. 507–15
- ↑ Enrique Amaya, Martin F. Offield, and Robert M. Grainger. "Frog genetics: Xenopus tropicalis jumps into the future". Trends in Genetics. Volume 14, Issue 7, 1 July 1998, pages 253–255.
- ↑ 5,0 5,1 Hellstein U; Harland RM; Gilchrist MJ; et al. (2010-04-30). "The genome of the Western clawed frog Xenopus tropicalis". Science 328 (5978): 633–636. Bibcode:2010Sci...328..633H. PMC 2994648. PMID 20431018. doi:10.1126/science.1183670.
- ↑ JGI X. tropicalis v4.1
- ↑ Bowes et al. (2008). Xenbase: a Xenopus biology and genomics resource. Nucleic Acids Res 36:D761.
- ↑ "Bringing Genetics To Xenopus: Half The Genome, Twice As Fast". University of Virginia. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 2009-10-24.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 M. O. Roedel; Vance Vredenburg, M. J. Mahoney, Tate Tunstall, Kellie Whittaker (2010-05-01). "Xenopus tropicalis". AmphibiaWeb. Consultado o 2013-12-06.
- ↑ 10,0 10,1 Wallingford, J., Liu, K., and Zheng, Y. 2010.Current Biology vol. 20, p. R263–4
- ↑ "Xenbase". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 08 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenbase Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine. base de datos dos organismos modelo Xenopus
- Visión do xenoma de Xenopus en Ensembl
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xenopus tropicalis |