Pípidos
Pipidae Rango fósil: do cretáceo inferior ao recente | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hymenochirus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución dos Pipidae (en negro).
|
Os pípidos (Pipidae) son unha familia de anfibios anuros primitivos que carecen de lingua. As 30 especies desta familia encóntranse na Suramérica tropical (o xénero Pipa) e na África subsahariana (outros catro xéneros).
Estes anfibios son exclusivamente acuáticos e teñen numerosas modificacións para adaptarse ao seu hábitat. Por exemplo, os pés teñen membranas interdixitais completas, o corpo é aplanado, e presentan sistema da liña lateral.[1] Ademais, os pípidos posúen oídos moi modificados para recibir sons baixo a auga. Carecen de lingua ou de cordas vocais, mais teñen barras óseas na larinxe coas que poden emitir sons. En tamaño van desde os 4 aos 19 cm de lonxitude, segundo a especie.[2]
O rexistro fósil dos pípidos é relativamente bo, xa que se coñecen 12 especies extintas. Seis delas están situadas no xénero que aínda existe hoxe Xenopus, e as restantes en xéneros extintos. Estes fósiles atopáronse en África, Suramérica, e en Oriente Próximo e datan desde o cretáceo inferior.[2]
Xéneros
[editar | editar a fonte]Familia Pipidae
- Hymenochirus
- Pseudhymenochirus
- Xenopus
- Silurana
- Pipa (sapo de Suriname)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AmphibiaWeb: Pipidae". Berkeley, California: AmphibiaWeb. Consultado o 2009-10-25.
- ↑ 2,0 2,1 Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 86–87. ISBN 0-12-178560-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Gissi, Carmela; Diego San Mauro; Graziano Pesole; Rafael Zardoya (February 2006). "Mitochondrial phylogeny of Anura (Amphibia): A case study of congruent phylogenetic reconstruction using amino acid and nucleotide characters". Gene 366 (2): 228–237. PMID 16307849. doi:10.1016/j.gene.2005.07.034.
- Roelants, Kim; Franky Bossuyt (February 2005). "Archaeobatrachian paraphyly and pangaean diversification of crown-group frogs". Systematic Biology 54 (1): 111–126. PMID 15805014. doi:10.1080/10635150590905894.
- San Mauro, Diego; Miguel Vences; Marina Alcobendas; Rafael Zardoya; Axel Meyer (May 2005). "Initial diversification of living amphibians predated the breakup of Pangaea". American Naturalist 165 (5): 590–599. PMID 15795855. doi:10.1086/429523.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pípidos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pípidos |