Xenia Aleksandrovna de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xenia Alexandrovna de Rusia")
Xenia Aleksandrovna Romanova
Gran Duquesa de Rusia
Xenia Alexandrovna of Russia by A.Passetti (1892).jpg
A Gran Duquesa Xenia Aleksandrovna
Nacemento 6 de abril de 1875
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 20 de abril de 1960
Londres, Reino Unido Reino Unido
Cónxuxe/s Alexandre Mikhailovich de Rusia
Dinastía Romanov
Pai Alexandre III de Rusia
Nai María Feodorovna

Escudo de Xenia Aleksandrovna de Rusia
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Xenia Aleksandrovna de Rusia, en ruso: (Ксения Александровна Романова), nada en San Petersburgo o 6 de abril de 1875 e finada en Londres o 20 de abril de 1960, foi a cuarta filla do tsar Alexandre III de Rusia e a súa esposa María Feodorovna. Foi unha das irmás do último tsar de Rusia, Nicolao II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacemento e familia[editar | editar a fonte]

Xenia, nos brazos do seu pai Alexandre III de Rusia, xunto ao resto da súa familia.

A Gran Duquesa Xenia naceu ás catro da mañá do 25 de marzoxul./ 6 de abril de 1875greg. no Palacio de Anichkov de San Petersburgo. O seu avó paterno, o tsar Alexandre II de Rusia quedou encantado co nacemento da súa nova neta, tal e como demostran as palabras do seu manifesto anunciando o nacemento:

“No 25º día do presente mes de marzo a nosa adorada nora, A Súa Alteza Imperial, a Tsesarevna, esposa da Súa Alteza Imperial, o Tsarévich, trouxo a este mundo unha filla que recibiu o nome de Xenia. Recibimos a este novo membro da familia como unha nova graza de intervención divina."

Xenia foi bautizada no día do aniversario do seu avó, o 5 de abrilxul./ 17 de abril de 1875greg. na capela do Palacio de Inverno. A pequena Gran Duquesa utilizou un vestido de algodón feito pola súa nai. Tiña un babeiro removible co símbolo da dinastía Romanov bordado e unha coroa imperial. Os seus padriños foron a súa avoa paterna, a tsarina María de Hesse, o seu avó materno Cristián IX de Dinamarca, o Gran Duque Vladimir Aleksandrovich e a princesa Tira de Dinamarca.[1]

A tia de Xenia, a Princesa de Gales (máis tarde raíña Alexandra do Reino Unido) escribiulle a súa irmá, a nai de Xenia:

"Grazas a Deus que está todo acabado, que pasastes por todo ben e que tes unha meniña!!! Sofrestes moito? Miña pobriña Minny – ou tiveches que tomar un pouco de cloroformo desta vez? Ao final prometíchesme que o farías... Xenia...é un nome moi bonito, quen lembrouse del?"

Alexandra mantivo sempre un gran interese pola súa sobriña Xenia, xa que esta naceu o mesmo día que o seu fillo, o príncipe Alexandre Xoán do Reino Unido, quen morreu 24 horas despois. A proba disto está na gran cantidade de agasallos que lle enviaba desde Inglaterra.

Infancia[editar | editar a fonte]

Xenia (segunda da esquerda entre os seus irmáns Xurxo e Nicolao) coa súa familia

Xenia tiña dous irmáns máis vellos, o futuro tsar Nicolao e o Gran Duque Xurxo, e dous máis novos, o Gran Duque Miguel (en que Nicolao abdicou o trono) e a Gran Duquesa Olga. Xenia e os seus irmáns criáronse dun xeito sinxelo no seu Palacio de Gatchina.

En febreiro de 1880, un grupo de niilistas conseguiu entrar no Palacio de Inverno e colocaron unha bomba no comedor da familia. A bomba explotou e causou grandes danos. Porén, a familia atrasou a hora de xantar e ninguén resultou ferido. O pai de Xenia, enviouna a ela e aos seus irmáns inmediatamente ao Palacio de Ielagin onde estarían máis seguros. A nai de Xenia escribiu:

“As pobres criaturas están felices por estar fora da cidade e aproveitar este lugar."

Traxicamente, o día 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg., cando Xenia contaba con 6 anos, foi testemuña da morte do seu avó Alexandre II que foi asasinado por unha bomba que fixo estoupar a súa carruaxe.[2] O seu pai ascendeu ao trono tornándose no tsar Alexandre III de Rusia.

O novo tsar non perdeu tempo e mudou a toda a familia do perigo de San Petersburgo á seguridade do Palacio de Gatchina, un gran palacio con torres, muros altos e alta seguridade a 48 quilómetros da capital. Antes de converterse na residencia de Alexandre III e a súa familia, pertencera a Paulo I. O cuarto de Xenia era simple, tal e como os dos seus irmáns, e tamén ela durmía nun catre militar.

Xenia, como os seus irmáns, recibiu unha boa educación de titores privados con especial atención na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Ademais do ruso nativo, Xenia aprendeu inglés, francés e alemán.

Xenia, como o resto da familia, desfrutaba das viaxes do verán fora da prisión de Rusia, no país natal da súa nai, Dinamarca. Foi nunha destas visitas na que coñeceu a unha das súas máis íntimas amigas, a princesa María de Grecia e Dinamarca, filla de Xurxo I de Grecia, quen máis tarde casaría co Gran Duque Xurxo Mikhailovich.

Adolescencia e ameazas terroristas[editar | editar a fonte]

Xenia coa súa nai María Feodorvna no Palacio de Anichkov
O tren imperial descarrilado en Borki.

En 1884, o Gran Duque Luís IV de Hesse fixo unha visita a Peterhof xunto a súa familia para a voda da súa segunda filla, Ella, co tío de Xenia, o Gran Duque Sergei.[3] Foi a primeira vez que Xenia viu á que sería a súa futura cuñada Alix de Hesse, que por aquel entón tiña 12 anos de idade.

Xenia e a súa familia vivían en constante perigo de morte a mans dos terroristas. En 1887, cando a familia estaba preto de entrar nun convoi para facer a viaxe de regreso a Gatchina desde San Petersburgo, o seu pai foi informado de que varios estudantes foran detidos por levar libros que contiñan bombas e que tiñan como obxectivo atacar á Familia Imperial. Un dos cinco terroristas aforcados por mor desta tentativa de asasinato foi Alexandre Ilich Ulianov, imán de Vladimir Lenin.[4]

O 17 de outubroxul./ 29 de outubro de 1888greg., a familia viaxaba desde o Cáucaso cando, de repente, o tren no viaxaban descarrilou en Borki, provocando un aparatoso accidente. Xenia foi a primeira en saír dos restos do tren. O seu pai conseguira manter o teito do vagón o suficientemente alto para que todos conseguisen escapar dos restos.[5] A pesar de que o accidente foi atribuído a problemas técnicos, nunca chegou a excluírse a posibilidade de que unha bomba fora a causa do accidente.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

O Gran Duque Alexandre, esposo de Xenia

Xenia e o seu curmán, o Gran Duque Alexandre Mikhailovich, xogaron xuntos desde a infancia e a súa relación comezou sendo de amizade. Cando chegou á adolescencia, Xenia namorouse do seu primo 9 anos máis vello que ela e gran amigo do seu irmán Nicolao.

A voda tivo lugar o 25 de xulloxul./ 6 de agosto de 1894greg. en Peterhof e tivo como froito sete fillos:

Xenia co seu marido Alexandre e seis dos seus sete fillos

Problemas no matrimonio[editar | editar a fonte]

A atracción amorosa entre Xenia e Alexandre non durou moito. Durante o último embarazo de Xenia en 1907, Alexandre mantivo unha relación cunha muller identificada como María Ivanovna mentres estaban no sur de Francia.[6] Un ano despois, Xenia tamén comezou unha relación cun home inglés a quen chamaba Fane e ao quen se refería nos seus diarios cun F. Mantiveron correspondencia ate o comezo da Primeira Guerra Mundial.[7]

Despois de que Alexandre e Xenia admitiran os feitos un ao outro, o seu matrimonio entrou en crise. Comezaron a durmir en habitacións separadas e a levar vidas diferentes.

Antes da Revolución Rusa de 1917, Alexandre estaba desencantado co rumbo que estaba tomando Rusia e coa vida na Corte. Tanto el como Xenia pasaban a maior parte do seu tempo fora do país, mais ambos regresaron antes do inicio da Primeira Guerra Mundial. Trala revolución, separáronse e lograron escapar de Rusia.

Revolución e fuga de Rusia[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiroxul./ 25 de febreiro de 1917greg., escribiu no seu diario:

"Hai disturbios na cidade, ata dispararon contra a multitude, din eles, mais todo esta calmado en Nevsky. Están pedindo pan e as fábricas están en folga."

O 17 de febreiroxul./ 1 de marzo de 1917greg. escribiu:

"Non hai fin para o pesadelo e hai tantos rumores por aí. Dise que o convoi de Nicky foi detido e el obrigado a abdicar!" ... "Infelizmente Nicky non comprendeu o perigo. Se Nicolao tivese reaccionado máis cedo e garantido as condicións impostas pola Duma podería ter salvado o trono. Estas horas fixeron toda a diferenza!"

Cando o exército vermello estaba cada vez máis preto de Crimea, Xenia e a súa nai conseguiron escapar de Rusia o 11 de abril de 1919 coa axuda da raíña Alexandra do Reino Unido. O rei Xurxo V do Reino Unido enviou un buque de guerra o HMS Marlborough a rescatalas a elas e a outros membros da familia Romanov, para levalos a Inglaterra. Foi durante esta viaxe na que Xenia decatouse da morte do seu irmán Nicolao xunto á súa familia e a desaparición do seu irmán Miguel.

Xenia permaneceu no Reino Unido, mentres que a súa nai e irmá Olga, que se unira a elas máis tarde, partiron a Dinamarca.

O exilio[editar | editar a fonte]

Xenia visitaba a súa nai en Dinamarca sempre que podía, onde esta vivía coa súa irmá a raíña Alexandra, nunha vila situada na costa norte de Copenhaguen.

O 26 de febreiro de 1933, morre o seu marido Alexandre,[8] de quen vivía separada morreu no sur de Francia, e tanto ela como os seus fillos acudiron á cerimonia en Roquebrune-Cap-Martin.

O 20 de abril de 1960, a Gran Duquesa Xenia finou na súa casa en Inglaterra e está soterrada no mesmo cemiterio que o seu marido.[8]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Her Imperial Highness Grand Duchess Xenia Alexandrovna" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  2. "alexanderpalace.com" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  3. "Grand Duchess Elizabeth Feodorovna" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  4. El País, ed. (16 de maio de 2010). "Alexandr y su hermano Lenin" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  5. Sergei Witte 1990, p. 95
  6. Zeepvat, Charlotte, The Camera and the Tsars: A Romanov Family Album, Sutton Publishing Ltd., 2004, p. 38
  7. Andrei Maylunas and Sergei Mironenko, A Lifelong Passion: Nicholas and Alexandra: Their Own Story, Doubleday, 1997, pp. 312-313
  8. 8,0 8,1 Van der Kiste and Hall, p.184

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xenia Aleksandrovna de Rusia Modificar a ligazón no Wikidata