Sés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
SES
Foto SES Pontevedra febreiro 2017 2.jpg
SES coa súa banda no Pazo da Cultura de Pontevedra en febreiro de 2017 presentando o traballo Opoñerse á extinción.
Nome completoMaría Xosé Silvar
AliasSES ou Sés
Nacemento1982
OrixeGalicia Galicia
OcupaciónCantante, cantareira
XéneroRock, blues, ritmos latinos, música galega
Instrumento(s)voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Airapro Producións (2011); Fol Música (2012-actualidade)
Tempo en activo2011- actualidade
Na rede
www.ses.gal
editar datos en Wikidata ]

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.

Foi no ano 2007 cando creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas "Tola atrás de ti", "Admirando a condición" e "Se te vas", producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición, e o 7 de xuño de 2013 presentou o segundo álbum Co xenio destrozado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2015 saíu á venda o seu terceiro disco: Tronzar os valos. En novembro de 2016 lanza o sinxelo A Paz Esquiva, preludio do seu cuarto álbum: Opoñerse á extinción, que se lanza o 2 de decembro de 2016. En novembro de 2017 presenta o sinxelo Readmirando a condición, preludio do seu quinto álbum de estudio, que recolle ademais as once cancións do seu primeiro álbum, Admirando a condición (2011), das que sempre se queixara do arranxo feito daquela; desta volta os doce tracks están musicados e arranxados pola propia Ses, que exerce nel de produtora musical e executiva[1].

En marzo de 2019 ve a luz Rabia ao silencio, un álbum no que versiona cancións revolucionarias, principalmente de Latinoamérica (Carlos Puebla, Mercedes Sosa ou Soledad Bravo entre outros) aínda que tamén de Portugal (José Afonso) ou de Galicia (Fuxan os Ventos).[2]

A agrupación[editar | editar a fonte]

Sés preséntase en tres formatos diferentes:

  • Banda completa de 11 músicos,
  • Formación reducida (guitarra, baixo, batería e voz),
  • Formato acústico, acompañada polo guitarrista Tito José Calviño.

Os músicos que completan Sés son David Paz (saxofón, clarinete, arranxista e produtor), Tito José Calviño na guitarra, Fernando Fraga no baixo, Lorena Martín "Cachito" á batería, Jose Rodríguez no saxofón, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros[3] .

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas premiouna en 2019 co Premio Mulleres en Acción.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Readmirando a condición, Ses (2017)". Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Sés homenaxea a canción revolucionaria de autora no seu disco de versións". Sermos Galiza. 12 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  3. musicaengalego.blogspot.com (ed.). "SÉS Maria Xosé Silvar". Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  4. "A mostra de teatro de Cangas premia a Kukas e a Sés". Cultura Galega. 25 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019. 
  5. "Sés (María Xosé Silvar)". Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  6. culturagalega.org (ed.). "Sés comeza a Tronzar os valos". Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  7. "Páxina Web da artista". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  8. "Readmirando a condición, Ses (2017)". Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  9. Silvar, María Xosé (3 de maio de 2019). “Cada vez me resulta máis ridículo e denigrante o ton moderado da esquerda ante o fascismo e o abuso actual”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 6 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]