William John Swainson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William John Swainson
Nacemento8 de outubro de 1789
Lugar de nacementoLondres
Falecemento6 de decembro de 1855 (66 anos)
Lugar de falecementoVale de Hutt
SoterradoSt. James Churchyard
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Ocupaciónzoólogo, ornitólogo, ictiólogo, entomólogo, malacólogo, ilustrador, botánico e naturalista
CónxuxeMary Swainson
FillosMary Frederica Marshall, Mrs Lucelle Frances Beetham (Swainson, Lucelle Frances), Edith Halcombe, George Frederick Swainson, Edwin Newcombe Swainson e Henry Gabriel Swainson
IrmánsCharles Litchfield Swainson
Premiosmembro da Royal Society
Na rede
WikiTree: Swainson-92 Find a Grave: 156792098 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William John Swainson, nado o 8 de outubro de 1789 en Londres, e finado o 6 de decembro de 1855 en Fern Grove, Hutt Valley, Nova Zelandia, foi un naturalista, ornitólogo e artista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos comezou a traballar como empregado na alfándega de Liverpool. Descobre o seu interese pola historia natural grazas ao estudo das coleccións de cunchas e de insectos do seu pai, membro da Sociedade Linneana de Londres. Despois incorporouse ao exército e foi enviado a Sicilia e a Malta, pero pronto foi relevado das súas funcióne debido a problemas de saúde.[1][2]

Entre 1807 e 1815 traballou na administración militar, reunindo unha gran colección zoolóxica. En 1808 publicou, a cargpo do Museo de Liverpool, un manual titulado Instructions for Collecting and Preserving Subjects of Natural History

Viaxes ao Brasil e París[editar | editar a fonte]

Despois do final das Guerras napoleónicas, retirouse cun parcialmente. Entre 1816 e 1818 viaxou ao Brasil, regresando á Gran Bretaña cunha gran colección de 20 000 insectos, 1 200 plantas, debuxos de 120 especies de peixes e peles de aproximadamente 760 aves. Deu á luz, entre 1834 e 1835, a obra Birds of Brazil.

O seu amigo o zoólogo William Elford Leach (1790-1836) animouno a utilizar a técnica da litografía pra o seu libro Zoological Illustrations (1820-1823) en tres volumes (o terceiro dedicado ás cunchas). Cando Leach debe dimitir no British Museum por razóns de saúde, solicitou que Swainson o substituíra, pero finalmente John George Children (1777-1852) foi o elixido.

En 1828 visita o Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, que estaba baixo a dirección de Georges Cuvier (1769-1832) e de Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772-1844).

Novos traballos na Gran Bretaña[editar | editar a fonte]

Continuou cos seus traballos e publicou en 1831, Fauna Boreali-Americana, en colaboración con John Richardson (1787-1865). Realizou tamén unha segunda serie de Zoological Illustrations (1832-1833), ilustra tres volumes de Naturalist's Library de William Jardine (1800-1874) e once volumes da Cabinet Cyclopedia de Dionysius Lardner (1793-1859). En 1837, deu á luz a primeira avifaune da África do Oeste: The natural history of the Birds of Western Africa, onde describre 186 especies recolectadas principalmente por George Rendall, subgobernador de Gambia.

En Nova Zelandia[editar | editar a fonte]

En 1841 emigra a Nova Zelandia onde se fai granxeiro, aínda que a súa emeresa durou pouco, en parte a causa da oposición das poboacións maorís. En 1851 instálase rn Sydney, onde traballa como botánico para o goberno de Victoria. Pero sofre un novo fracaso, quizais debido á súa falta de coñecementos en botánica. Daquela regresou a Nova Zelandia, onde faleceu en decembro de 1855.

Lista parcial de publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1834: A preliminary discourse on the study of natural history. The cabinet cyclopaedia: Natural history. Editor Longman, Rees, Orme, Brown, Green & Longman, & J. Taylor, 462 pp.
  • 1839: The natural history and classification of fishes, amphibians, and reptiles, or monocardian animals. Londres, dous volumes: i–vi + 1–448.

Honras[editar | editar a fonte]

William seguiu os pasos do seu pai e converteuse en membro da Sociedade Linneana de Londres, en 1815.[1]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Varios autores honrárono dedicándolle varias especies:

Galería[editar | editar a fonte]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "William Swainson F.R.S, F.L.S., Naturalist and Artist: Diaries 1808-1838:Sicily, Malta, Greece, Italy and Brazil." G.M. Swainson, Palmerston, NZ 1989.
  2. SWAINSON, William, 1789-1855 en An Encyclopaedia of New Zealand, editeda por A. H. McLintock.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]