John Richardson (naturalista)
John Richardson | |
---|---|
![]() Retrato de Sir John Richardson por Stephen Pearce. National Portrait Gallery, Londres | |
Nacemento | 5 de novembro de 1787 |
Lugar de nacemento | Dumfries |
Falecemento | 5 de xuño de 1865 |
Lugar de falecemento | Grasmere |
Soterrado | Grasmere |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Edimburgo |
Ocupación | Botánica, ictioloxía e medicina |
Pai | Gabriel Richardson |
Nai | Anne Mundell |
Cónxuxe | Mary Stiven (1ª, en 1818) Mary Booth (2ª, en 1833) Mary Fletcher (3ª, en 1847) |
Coñecido por | The zoology of the voyage of the H.M.S. Erebus & Terror |
Estudos | Medicina |
Profesión | Explorador, cirurxián, biólogo, zoólogo, ornitólogo, botánico e ictiólogo |
Organización | Royal Navy |
Premios | Knight Bachelor Membro da Royal Society Medalla Real da Royal Society |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Richardson, nado en Dumfries o 5 de novembro de 1787, e finado en Grasmere (Cumbria Inglaterra), o 5 de xuño de 1865, foi explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
John Richardson realizou os seus estudos de Medicina na Universidade de Edimburgo e obtivo o seu diploma no famoso Royal College de Ciruexiáns de Londres en 1807. Durante 48 anos foi médico da Royal Navy. Navegou entre 1807 e 1814 por España, Quebec, Madeira e o mar Báltico.
Desde 1819 a 1822 participou na Expedición Coppermine, a primeira expedición de John Franklin, polas costas árticas canadenses, xunto con George Back, encargándose das seccións de botánica ictioloxía e xeoloxía.
Tamén participou na segunda expedición de Franklin (1824-1827), na que se recoñeceron máis de 1500 km de costas. A pesar de terríbeis penurias, recolleron unha colección moi rica.
Entre 1848 e 1849 dirixiu unha expedición de rescate para buscar a expedición perdida de Franklin. Pero foi unha expedición sen éxito e nin sequera acharon o navío de Franklin.
Richardson foi o autor de numerosos traballos de historia natural, especialmente de ictioloxía. Publicou, con William Swainson, a Fauna Boreali Americana.
Estudou as aves levadas de regreso por William Edward Parry na súa viaxe de 1821-1823 cara ao Gran Norte.
Un dos seus bisnetos, Nevill Francis Mott, foi un renomeado físico británico que recibiu o Premio Nobel de Física en 1977 polas súas investigacións teóricas sobre o comportamento electrónico de sistemas magnéticos.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi nomeado cabaleiro en 1846, e laureado coa Royal Medal da Royal Society en 1856.
Algunhas obras[editar | editar a fonte]
- Fauna Boreali-Americana or The Zoology of the northern parts of British America. Murray, Londres 1829–1831.
- Icones Piscium, 1843.
- An Arctic Searching Expedition, 1851.
- Catalogue of Apodal Fish in the British Museum, 1856.
- Yarrell's history of British Fishes, 2ª ed. 1860.
- The Polar Regions, 1861.
- The Zoology of the voyage of H.M.S. Erebus & Terror, under the command of Captain Sir James Clark Ross during the years 1839 to 1843. Janson, Londres 1844–1875.
- The Museum of Natural History. Nova York, 1862.
Abreviaturas[editar | editar a fonte]
- A abreviatura Richardson emprégase para recoñecer a John Richardson como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[1]
- A abreviatura Richardson emprégase para recoñecer a John Richardson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Richardson |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: John Richardson |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Biografía en Dictionary of Canadian Biography.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obras de John Richardson en BHL.
- Obras de John Richardson en Faded Page (Canadé).
- Obras de John Richardson en Open Library.
- Obras de ou sobre John Richardson en Internet Archive.