William John Burchell
William John Burchell | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de xullo de 1781 |
Lugar de nacemento | Fulham |
Falecemento | 3 de marzo de 1863 |
Lugar de falecemento | Fulham |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Sociedade Linneana de Londres |
Ocupación | explorador, zoólogo, botánico, escritor, traveler, pintor, ornitólogo e entomólogo |
Coñecido por | On the River, Near Santos, Brazil |
Premios | Fellow of the Linnean Society of London |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William John Burchell, nado o 23 de xullo de 1782 en Fulham, Londres, e finado o 3 de marzo de 1863 en México, foi un naturalista, ilustrador e explorador británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desde 1805 a 1810 estudou botánica na illa de Santa Helena.
A partir de 1810 prosegue estes estudos na cidade de Cabo Haitiano (Haití).
De 1811 a 1815 viaxa por Suráfrica para recolectar espécímes de Historia natural, constituíndo durante as súas viaxes unha colección de 50.000 espécimes.
Publica dous volumes sobre as súas expedicións a África en 1822.
En 1825 está en Lisboa e, en 1825, chega a Río de Xaneiro onde permanece un ano.
De 1826 a 1829 viaxa pola selva amazónica onde recompila unha inmensa colección de máis de 15.000 espécímes de plantas e de insectos.
Burchell describiu numerosas novas especies, e realizou observacións astronómicas e meteorolóxicas.
As súas extensas coleccións africanas inclúen plantas, peles de animais, esqueleto s, insectos, sementes, bulbos e peixes.
Despois da súa morte, por sucidio, a maior parte dos seus espécimes de plantas trasladouse aos Royal Botanic Gardens de Kew (Gran Londres), e a colección de insectos ao Museo da Universidade de Oxford.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- Travels in the interior of southern Africa. Longman, Hurst, Rees, Orme & Brown, Londres 1822-24. Online: Tomo 1, Tomo 2
- Hints on emigration to the Cape of Good Hope. Hatchard & Son, Londres 1819
Abreviaturas[editar | editar a fonte]
- A abreviatura Burch emprégase para recoñecer a William John Burchell como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
- A abreviatura Burchell emprégase para recoñecer a William John Burchell como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores[editar | editar a fonte]
Foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres
Epónimos[editar | editar a fonte]
Máis de trescentas especies e outros taxons lle foron dedicados. Entre eles podemos destacar:
Xénero[editar | editar a fonte]
- Burchellia R.Br.[1] da familia das Rubiaceae.
Especies[editar | editar a fonte]
- Justicia burchellii C.B.Clarke[2] da familia das Acanthaceae.
- Aizoon burchellii N.E.Br.[3] da familia das Aizoaceae.
- Ipomoea burchellia Meisn.[4] da familia das Convolvulaceae.
- Veltheimia burchellia Hort.[5] da familia das Hyacinthaceae
Subespecies[editar | editar a fonte]
- Equus quagga burchellii Gray, 1824, da familia dos Equidae.
Notas[editar | editar a fonte]
- Cleverly, Les. W. J. Burchell. 1989.
- Notcutt, Henry Clement. Pioneers. Maskew & Miller, Kapstadt 1924
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William John Burchell ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: William John Burchell |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cleverly, L. (1989): W. J. Burchell: special agent or naturalist? - a short biography Ver en PDF.
- Gunn, Mary & L. E. Codd (1981): Botanical Exploration of Southern Africa. Cape Town: A. A. Balkema. ISBN 0-86961-129-1.
- Notcutt, H. Clement (1925): Pioneers: the men who opened up South Africa. Cape Town: Maskew Miller.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Burchell's Travels by Bike Arquivado 15 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)